Monforte de Lemos, 29 de novembro de 2025. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, deu a coñecer hoxe o dispositivo de alumeado de Nadal 2025 instalado xa desde hai varias semanas nas rúas e prazas do municipio. Un ano máis, a cidade brillará nestas festas con miles de luces LED que encherán o municipio de alegría e cor.
A inversión no alumeado ornamental ascende este ano a 57.000€. O dispositivo componse de 1,2 millóns de puntos de luz LED e incorpora este ano, como novidade, a figura dun oso panda instalado na Praza de España. Ademais, gaña 1 metro máis de altura a tradicional estrutura cónica a modo de árbore que preside a entrada á zona peonil da rúa Cardeal, superando os 20 metros incluída a estrela que coroa a figura.
O rexedor avanza que o acendido oficial será, como ven sendo habitual, na antesala da ponte festiva da Constitución, o venres 5 de decembro, ás 18.30 horas. O lugar escollido para pulsar o interruptor que iluminará o Nadal monfortino é a céntrica rúa Cardeal, xunto á citada figura da árbore, elemento central desta ornamentación festiva.
“O noso desexo é que este amplo dispositivo de Nadal sirva para dinamizar e animar aos monfortinos e monfortinas e ás persoas que nos visitan a desfrutar da cidade e facer as súas compras navideñas no comercio local. O importante é animar e alegrar a vida dos nosos veciños e veciñas nestas datas tan sinaladas”, indica José Tomé.
O alumeado estará acendido todos os días en horario de 18.30 a 02.00 horas, e apagarase definitivamente o martes, 6 de xaneiro, Día de Reis. Este dispositivo estará acompañado polo funcionamento das fontes no mesmo horario que as luces.
265 arcos, sete mensaxes de ‘Bo Nadal’ e proxeccións na Torre da Homenaxe
A árbore de máis de 20 metros de alto na rúa Cardeal e a figura da Praza de España, ambas con paso inferior, son os elementos centrais dun dispositivo que suma 265 arcos repartidos por 67 rúas da cidade e outros 7 coa mensaxe ‘Bo Nadal’ colocados nas entradas á cidade. Este ano incorpórase un no elemento ornamental na rúa Teceláns, nun dos laterais da Casa do Concello.
Ademais, mantense a que foi unha das principais novidades dos últimos anos, que é a iluminación da Torre da Homenaxe mediante imaxes proxectadas nas catro caras da edificación simulando a caída de copos de neve.
Tamén estarán adornadas a Casa do Concello, as árbores da Praza de España e do Campo de San Antonio, a Praza dos Chaos, Praza da Estación e Praza de Abastos e, como non, o cedro da Compañía, coa súa estrela de Nadal.
Iluminación de 67 rúas da cidade
Este ano, coa incorporación da rúa Teceláns, son 67 rúas as que contarán con alumeado de Nadal:
- Aceña Nova: 2 arcos
- Blanco Amor: 2 arcos
- Praza do Conde: 1 arco
- Rúa Conde á altura do edificio Espinosa: 1 arco
- San Lázaro: 3 arcos.
- Valle Inclán: 7 arcos.
- Corredoira: 7 arcos.
- Malvarón: 3 arcos.
- Estrela: 2 arcos.
- Rosalía de Castro: 2 arcos.
- López Suárez: 2 arcos.
- Travesía Veiguiña: 4 arcos.
- Fontecha: 2 arcos.
- Tomás Vázquez: 2 arcos.
- Benito Vicetto: 5 arcos.
- Juan Montes: 4 arcos.
- Reboredo: 4 arcos.
- Duquesa de Alba: 4 arcos.
- Carude: 4 arcos.
- Roberto Baamonde: 15 arcos.
- Morín: 13 arcos.
- Hortas: 6 arcos.
- Cardeal (peonil+zona de tráfico): 8 arcos.
- Cardeal estreito: 3 medios arcos.
- Compañía: 10 arcos.
- Calvo Sotelo: 15 arcos.
- Doutor Casares: 8 arcos.
- Doutor Casares estreito: 6 medios arcos.
- Ourense: 8 arcos.
- San Pedro: 5 arcos.
- Rúa Coruña: 4 arcos.
- Avenida de Galicia: 15 arcos.
- Rúa Chantada: 10 arcos.
- Celso Emilio Ferreiro: 6 arcos.
- Francisco Moure: 6 arcos.
- Eduardo Pondal: 3 arcos.
- Val de Lemos: 2 arcos.
- Molinos de Antero: 1 arco.
- Germán Vázquez: 2 arcos.
- Central: 1 arco.
- Real: 4 arcos.
- Inés de Castro: 4 medios arcos.
- Curros Enríquez: 2 arcos.
- Pontevedra: 2 arcos.
- Concepción Arenal: 2 arcos.
- Praza da Estación: 2 arcos.
- Río Seco: 2 arcos.
- As Cruces: 3 arcos.
- Abeledos: 5 arcos.
- Santa Clara-Ramberde: 6 medios arcos.
- Casar: 2 arcos.
- Ferrol: 1 arco.
- Santiago: 1 arco.
- Covas: 3 arcos.
- Hermida Balado: 3 medios arcos.
- Doutor Goyanes: 2 arcos.
- Doutor Teixeiro: 7 medios arcos.
- Comercio: 3 medios arcos.
- Paseo de Lugo: 3 arcos.
- Dalmiro de la Válgoma: 2 arcos.
- Pinguela: 2 arcos.
- Sarria: 3 arcos.
- Lois Pereiro: 2 arcos.
- Otero Pedrayo: 3 arcos.
- Julio Camba: 2 medios arcos.
- María Paz de Tor: 2 arcos.
- Teceláns, no lateral da Casa do Concello