O Concello de Monforte de Lemos e dentro da programación do Nadal 2025-26, programa un ESPECTÁCULO TEATRAL PARA PÚBLICO INFANTIL-FAMILIAR titulado O LADRÓN DE XOGUETES da compañía TÍTERES CACHIRULO, espectáculo que terá lugar na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro o venres 26 de decembro ás 18:00h.
O Apalpador vén visitarnos en compañía de todos os seus amigos, cunha nova e divertida aventura!. O ladrón Pasmón rouba todo o que pode e agora anda tras os xoguetes dos nenos e nenas, quen o impedirá?.
A representación teatral -monicreques de mesa, está deseñada para público infantil familiar nenos/as a partir de 3 anos, con entrada libre e gratuita.