Monforte de Lemos, 5 de decembro de 2025. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acendeu esta tarde a iluminación ornamental das Festas de Nadal 2025-2026 no Concello de Monforte. O acto tivo lugar ás 18.30 horas na rúa Cardeal, xunto a figura cónica de 20 metros de altura que representa a árbore coa súa estrela, e contou coa participación de outros membros do Equipo de Goberno: a Tenente de Alcalde, Gloria Prada; a Concelleira de Sanidade, Drogodependencias, Tráfico e Mobilidadeo, Pilar Espinosa; o Concelleiro de Medio Ambiente, Obras, Medio Rural e Servizos, José Luis Losada; a Concelleira de Cultura, Ensino e Xuventude, Marina Doutón; o Concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán; a Concelleira de Consumo, Regina López; o concelleiro de Tecnoloxía e Innovación, Guillermo Díaz, e a Concelleira de Muller e Igualdade, Margarita López.
Rodeado de nenas e nenos que corearon co Alcalde a conta atrás que precede ao acendido oficial do Nadal, o rexedor transmitiu aos monfortinos e monfortinas os seus mellores desexos para estas festas: “O Nadal é tempo de ilusión e de alegría, e o noso obxectivo é que este amplo dispositivo de luces sirva para dinamizar e animar a toda a veciñanza e ás persoas que nos visitan a saír á rúa e desfrutar da nosa cidade. E queremos tamén que os monfortinos se sintan orgullosos de ser a cidade con máis luces por habitante”.
Tralo acendido, amenizado coa actuación do grupo monfortino de batucada TuKuPá, a comitiva desprazouse pola rúa peonil ata a Praza de España, onde está instalada unha figura luminosa de oso panda. Este boneco e a árbore de máis de 20 metros de alto na rúa Cardeal contan cun paso inferior que permite cruzar dun lado ao outro e facer fotos no interior. Ambas figuras son os elementos centrais dun amplo dispositivo que suma 265 arcos repartidos por 67 rúas e outros 7 coa mensaxe ‘Bo Nadal’ colocados nas entradas á cidade. En total, 1,2 millóns de puntos LED que desde esta tarde enchen de luz e cor o Nadal monfortino. O orzamento da iluminación ornamental desta campaña ascende a 57.000€.
Este ano mantense tamén a que foi unha das principais novidades dos últimos anos, que é a iluminación da Torre da Homenaxe mediante imaxes proxectadas nas catro caras da edificación simulando a caída de copos de neve.
Tamén están adornadas a Casa do Concello, as árbores da Praza de España e do Campo de San Antonio, a Praza dos Chaos, Praza da Estación e Praza de Abastos, así como o gran cedro da Compañía, coa súa estrela de Nadal.
“Con este amplo dispositivo”, dixo o Alcalde, “queremos animar aos monfortinos e monfortinas e ás persoas que nos visitan a saír á rúa nestas festas de Nadal, a mercar no noso comercio e consumir na nosa hostalería, pero sobre todo, desexamos que sexan moi felices e que desfruten destas datas na mellor compañía”.
O alumeado estará acendido todos os días en horario de 18.30 a 02.00 horas, e apagarase definitivamente o martes, 6 de xaneiro, Día de Reis. Así mesmo, o dispositivo estará acompañado polo funcionamento das fontes no mesmo horario que as luces.
Rúas con iluminación
Este ano, coa incorporación da rúa Teceláns no lateral da Casa do Concello, son 67 rúas as que contan con alumeado de Nadal:
- Aceña Nova: 2 arcos
- Blanco Amor: 2 arcos
- Praza do Conde: 1 arco
- Rúa Conde á altura do edificio Espinosa: 1 arco
- San Lázaro: 3 arcos.
- Valle Inclán: 7 arcos.
- Corredoira: 7 arcos.
- Malvarón: 3 arcos.
- Estrela: 2 arcos.
- Rosalía de Castro: 2 arcos.
- López Suárez: 2 arcos.
- Travesía Veiguiña: 4 arcos.
- Fontecha: 2 arcos.
- Tomás Vázquez: 2 arcos.
- Benito Vicetto: 5 arcos.
- Juan Montes: 4 arcos.
- Reboredo: 4 arcos.
- Duquesa de Alba: 4 arcos.
- Carude: 4 arcos.
- Roberto Baamonde: 15 arcos.
- Morín: 13 arcos.
- Hortas: 6 arcos.
- Cardeal (peonil+zona de tráfico): 8 arcos.
- Cardeal estreito: 3 medios arcos.
- Compañía: 10 arcos.
- Calvo Sotelo: 15 arcos.
- Doutor Casares: 8 arcos.
- Doutor Casares estreito: 6 medios arcos.
- Ourense: 8 arcos.
- San Pedro: 5 arcos.
- Rúa Coruña: 4 arcos.
- Avenida de Galicia: 15 arcos.
- Rúa Chantada: 10 arcos.
- Celso Emilio Ferreiro: 6 arcos.
- Francisco Moure: 6 arcos.
- Eduardo Pondal: 3 arcos.
- Val de Lemos: 2 arcos.
- Molinos de Antero: 1 arco.
- Germán Vázquez: 2 arcos.
- Central: 1 arco.
- Real: 4 arcos.
- Inés de Castro: 4 medios arcos.
- Curros Enríquez: 2 arcos.
- Pontevedra: 2 arcos.
- Concepción Arenal: 2 arcos.
- Praza da Estación: 2 arcos.
- Río Seco: 2 arcos.
- As Cruces: 3 arcos.
- Abeledos: 5 arcos.
- Santa Clara-Ramberde: 6 medios arcos.
- Casar: 2 arcos.
- Ferrol: 1 arco.
- Santiago: 1 arco.
- Covas: 3 arcos.
- Hermida Balado: 3 medios arcos.
- Doutor Goyanes: 2 arcos.
- Doutor Teixeiro: 7 medios arcos.
- Comercio: 3 medios arcos.
- Paseo de Lugo: 3 arcos.
- Dalmiro de la Válgoma: 2 arcos.
- Pinguela: 2 arcos.
- Sarria: 3 arcos.
- Lois Pereiro: 2 arcos.
- Otero Pedrayo: 3 arcos.
- Julio Camba: 2 medios arcos.
- María Paz de Tor: 2 arcos.
- Teceláns, no lateral da Casa do Concello