Monforte de Lemos, 16 de decembro de 2025. O Concello de Monforte informa dun corte no subministro de auga nun tramo da rúa Cardeal que se producirá durante a mañá deste mércores, 17 de decembro, para desenvolver obras de conexión da rede de abastecemento coa Zona D, na que se executan traballos de urbanización.
O corte estenderase das 9.30 ás 12.00 horas e afectará unicamente á marxe dereita da rúa do Cardeal no sentido da circulación, entre o cruce da avenida de Galicia e o Parque dos Condes.
O Concello agradece a comprensión dos veciños e veciñas diante das molestias que estes traballos de mellora poidan ocasionar.