O grupo de teatro monfortino Viraventos encheu a Casa da Cultura co seu espectáculo, “O boleto”

Monforte de Lemos, 21 de decembro de 2025. A Casa da Cultura Lois Pereiro de Monforte encheuse onte sábado coa representación da obra “O boleto”, a última montaxe do grupo de teatro afeccionado monfortino Viraventos. A cita foi ás 20.00 horas na Casa de Cultura, e acudiron o Concelleiro de Medio Ambiente, Obras, Medio Rural e Servizos, José Luis Losada; a Concelleira de Cultura, Ensino e Xuventude, Marina Doutón; o edil de Deportes, José Manuel Mougán, e a Concelleira de Muller e Igualdade, Margarita López.

A obra, dirixida por Candela López e Marcos Vázquez, forma parte do programa de Festas de Nadal 2025-2026 organizado polo Concello de Monforte, a través do Circuíto de Teatro Afeccionado da Deputación Provincial de Lugo. O elenco estivo formado por Elena Arnaiz, Ángeles Bande, Juan Castro, José Ramón Cid, Fina Díaz, Manuela Fuentes, Teresa González, Ángeles Martínez, Antonio Martínez, Pury Conde, Pili Rodlos, Gonzalo Rodríguez, Josi Rodríguez e Marina Vidueira.