O Alcalde anuncia a validación da xustificación das axudas a entidades deportivas por un importe total de 62.000€

Monforte de Lemos, 22 de decembro de 2025. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, anuncia a validación da xustificación das axudas concedidas a 14 asociacións deportivas monfortinas para cubrir gastos da súa actividade no ano 2025. A Xunta de Goberno Local celebrada na mañá deste luns deu luz verde aos expedientes correspondentes, que suman un total de 62.000€.

José Tomé destaca o importante traballo que realizan estas entidades e o esforzo dos deportistas monfortinos, “por iso desde o Concello colaboramos moi estreitamente con eles, para que os clubs e os deportistas realicen as actividades deportivas nas mellores condicións posibles”. Neste senso, recorda as inversións feitas nos últimos anos para mellorar as infraestruturas deportivas da cidade, especialmente a intervención no conxunto deportivo de A Pinguela, coa reforma integral do pavillón polideportivo e a renovación da piscina municipal.

“O noso compromiso co deporte monfortino é firme, cos nosos deportistas e coas instalacións que lles proporcionamos para que leven a cabo a súa práctica deportiva, e así o seguiremos facendo”, indicou o rexedor.

 

As axudas teñen contías que van desde os 1.000 aos 18.000 euros e están distribuídas do seguinte xeito:

-A.D. A Ponte Vella: 1.000€

-Club Baloncesto Val de Lemos: 7.500€

-A.D.C. Monteforte: 1.500€

-Club Lemos: 18.000€.

-Club Fluvial de Monforte: 1.000€

-A.D. Torre de Lemos: 1.000€

-Sociedade Val de Lemos: 1.500€.

-A.D. Escolapios: 1.000€

-Club Quixós: 6.000€

-Club Natación Monforte: 15.000€

-A.D. Colexio Ferroviario: 1.000€

-Club Rítmica Quicela: 4.000€

-Club Ciclista Ribeira Sacra: 1.000€

A.D. A Gándara: 2.500€.