
Monforte de Lemos, 4 de xaneiro de 2025. Membros do Equipo de Goberno do Concello de Monforte asistiron este sábado ao Concerto de Aninovo organizado pola Sociedad Filarmónica de Monforte co patrocinio do Concello. A actuación tivo lugar no Edificio Multiusos, ás 19.00h, e correu a cargo da Orquestra de cordas Kv2211 de Vigo, integrada por dúas agrupacións, unha infantil e outra xuvenil, dirixidas por Raquel Fernández e Mario Peris, respectivamente.
En representación do Equipo de Goberno asistiron os Concelleiros de Medio Ambiente, Obras, Medio Rural e Servizos, José Luis Losada; Comercio, Regina López, e Tecnoloxía e Innovación, Guillermo Díaz. O Concello de Monforte colaborou con este concerto inaugural do ano 2026 coa cesión das instalacións do Multiusos. A Sociedad Filarmónica de Monforte, que ven de celebrar no 2025 o 75 aniversario da súa fundación, agradeceu o apoio do Concello nas diversas actividades que desenvolven e, de maneira especial, na organización do Concerto de Aninovo.
Ademais dos representantes do Equipo de Goberno, asistiron outros membros da corporación municipal e numeroso público que desfrutou do repertorio interpretado polas agrupacións infantil e xuvenil da Orquestra Kv2211.
PROGRAMA:
Orquestra Infantil
- Cuento de Anthalasia. Escrito por Raquel Fernández. Música da introdución baseada na Fantasía, de Thomas Tallis de Vaughan. O resto da música foron arranxos das panxoliñas tradicionais Noite de paz, Adeste Fideles, Campá sobre campá, Branco Nadal e Still, Still, Still.
Orquestra Xuvenil
- Concerto para viola e orquestra en Sol M. Georg Philipp Telemann
- Largo….Viola Solista: Valentina Ruiz.
- Allegro…. Viola Solista: Valentina Ruiz.
- Andante…. Viola Solista: Lucía Ruiz.
- Presto…. Viola Solista: Lucía Ruiz.
- Sleigh Ride (Paseo no trineo). Leopold Mozart.
- Entrada, Allegro maestoso.
- Paseo no trineo, Allegretto
- A dama ten frío, Andante molto
- Comeza o baile, Menuett
- Remata o baile, Rondo.