O Concello de Monforte de Lemos ao igual que en anos anteriores, en 2026 seguirá integrado na Rede Galega de Teatros e Auditorios da Xunta de Galicia /AGADIC-GALESCENA o que leva consigo a realización de actividades vinculadas a dita rede.
No primeiro semestre deste ano teremos a oportunidade de asistir a sete representacións de compañías profesionais, unha para os máis pequenos e seis para o público adulto. A obra infantil poñerase en escena no mes de abril mentres que as dirixidas ó público adulto representaranse de xaneiro a abril.
Programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios 1º semestre 2026:
Programación Adultos:
-Compañía Malasombra coa obra O Proceso o 29 de xaneiro
-Centro Dramático Galego - Contraproducións con Memorias dun neno labrego o 19 de febreiro
-Compañía Producións Teatrais Excéntricas con As Desterradas o 26 de febreiro
-Compañía Artyc Content con A Historia vaxenial o 12 de marzo
-Compañía Carlos Blanco-Con de tres pés con A Penúltima o 26 de marzo
-Compañía Teatro Guirigai con Amalia y el río, historia de una estraperlista o 23 de abril
Programación infantil:
-Compañía Galeatro Producións Escénicas coa obra Berenguela na gaiola o 26 de abril
As representacións levaranse a cabo no Edificio Multiusos, a infantil ás 18:00 h e as de adulto ás 20:15 h. O prezo da entrada xeral será de cinco euros e de tres euros para estudantes, desempregados e xubilados.