O Concello informa de que debido a obras de edificación nun solar da rúa Julio Camba, esta vía estará pechada ao tráfico mañá venres, 23 de xaneiro, con acceso alternativo por Doutor Teixeiro

Monforte de Lemos, 22 de xaneiro de 2026. O Concello de Monforte informa do corte da rúa Julio Camba que se vai producir mañá venres, 23 de xaneiro, desde as 9.00 horas da mañá, por motivo das obras de edificación que se executan nun solar desta vía.

Desde primeira hora da mañá, e cunha previsión de que os traballos se estendan por un período de 4 horas, os accesos por esta rúa estarán cerrados, polo que se permitirá a circulación alternativa polo tramo peonil de Doutor Teixeiro entrando desde Roberto Baamonde (Os Chaos) ata a Praza de Abastos e rúa Inés de Castro.

A sinalización de entrada prohibida neste tramo, que ademais está vixiado por cámaras, quedará sen efecto durante o tempo que dure o corte. Así, taparase o sinal de circulación prohibida existente fronte ao número 61 da rúa Doutor Teixeiro e instalarase un valo de obra co cartel de “acceso provisional por obras á Praza de Abastos e rúa Inés de Castro.

Dende o Concello agradecemos a comprensión dos veciños e condutores e rogamos desculpen as molestias que estes traballos poidan ocasionar.