Monforte de Lemos, 24 de xaneiro de 2025. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, entregou na mañá deste sábado, 24 de xaneiro, as medallas aos gañadores do Campionato Galego de Técnica e Freestyle de Taekwondo que tivo lugar no Pavillón Polideportivo Municipal de A Pinguela e no que o Club Neka de Monforte proclamouse campeón absoluto de Galicia, distinción que acada por terceiro ano consecutivo.
O rexedor estivo acompañado polo Concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, e a Concelleira de Sanidade, Pilar Espinosa, xunto co Presidente da Federación Galega de Taekwondo, Juan Carlos Eiríz López; a directora territorial de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta, Carmen José López, e o director deportivo do Ximnasio Neka, José María Vega.
O campionato, no que participan deportistas desde 12 anos de idade, reuniu en Monforte arredor de 200 taekwondistas procedentes de toda Galicia. Trátase dun evento de moita relevancia neste deporte, xa que os gañadores pasan a formar parte da Selección Galega de Taekwondo e poderán participar en eventos de ámbito nacional. Entre eles, o Campeonato de España que se celebrará o vindeiro 21 de febreiro en Sevilla, puntuable para competir no mundial que se disputará en Corea no mes de setembro deste ano.
O Concello de Monforte foi un dos principais patrocinadores deste evento deportivo coa aportación dos trofeos, o traslado dos tapices e a cesión do Pavillón Polideportivo Municipal de A Pinguela. O director deporitivo do Ximnasio Neka, José María Vega, agradeceu esta colaboración fundamental para que Monforte poida acoller un evento deportivo destas características.
No Campionato participaron 16 taekwondistas monfortinos do Club Neka:
- Cadete femenino: Alba Díaz e Inés Casal.
- Júnior femenino: Rosa Olmo e Alicia Castro.
- Júnior masculino: Alan David Bustamante.
- Sénior 1 masculino: Carlos Rey, Álex Camba, Aitor Teijeiro, José Roca, Marco García e Daniel Areán.
- Sénior 1 femenino: Laura Álvarez, Nerea Mora, Icía Marcos y Lucía Roca.
- Senior 2: Arón González.
Resultados do Campionato relativos aos taekwondistas monfortinos:
O Club Neka acadou excelentes resultados neste Campionato, no que se proclamou Campión Galego absoluto. En total, sumou 15 medallas e os premios á Mellor Deportista do Campionato en categorías femininas, que recaeu en Laura Álvarez, e ao Mellor Deportista do Compionato en masculino, que foi para Álex Camba.
As medallas dos taekwondistas monfortinos repartíronse deste xeito:
OURO:
Individuais: Álex Camba e Laura Álvarez.
Parellas: Laura Álvarez e Dani Arean; Alicia Castro co seu compañeiro de selección Hugo Arnoso, de Sada.
Tríos: Álex Camba, Carlos Rey e Marco García; Lucía Roca coas compañeiras do Tao de Vigo Uxía Calvo e Lucía Losada; e Alan Bustamante cos compañeiros de Sada Iván e Miguel.
PRATA:
Individual: Alicia Castro
Trío: Inés Casal coas compañeiras do Patiño de Moaña Sira e Valeria; e Aitor Teijeiro, cos compañeiros do Hebe de Moaña, Guillaume e Lucas.
BRONCES:
Individuais: Marco García, Daniel Arean, Aron González, Lucía Roca e Inés Casal.
Trío: Rosa Olmo coas compañeiras do Hebe Sara e Aysha.