
Monforte de Lemos, 29 de xaneiro de 2026. O Concello de Monforte de Lemos traslada as súas condolencias polo falecemento de Susi Seoane, vicepresidenta da Asociación Galega de Esclerose Lateral Amiotrófica (AGAELA) e defensora incansable dos dereitos das persoas con esta enfermidade.
En nome de toda a Corporación municipal e das monfortinas e monfortinos, o Alcalde, José Tomé, manifesta o profundo pesar pola perda dunha muller que demostrou forza e valentía na loita contra o ELA e que fixo unha gran labor de visibilización e sensibilización social arredor desta doenza. Neste senso, o rexedor recorda que Susi Seoane encabezou o pasado 22 de xuño a marcha solidaria polo Día Mundial contra a ELA que a asociación galega celebrou en Monforte de Lemos, sede no 2025 dos actos de conmemoración desta efeméride, nos que participaron numerosas persoas.
O Concello de Monforte fai extensibles a súas condolencias á familia e seres queridos de Susi Seonae, así como a Asociación AGAELA, nestes duros momentos.