XII concurso de axudas para a confección de traxes medievais Feira Medieval 2026

O Concello de Monforte programa dentro da XXII Feira Medieval do 2026 o XII concurso de axudas para a confección de traxes medievais.

Os prazos para participar neste concurso son:

  • Do 2 ó 13 de febreiro os interesados en recibir a axuda chamarán ás radios locais
  • O 16 de febreiro as radios emitirán unha lista coas persoas solicitantes
  • Do 20 ó 27 de febreiro os participantes das listas pasarán polo concello para realizar a solicitude formal de subvención
  • O 4 ou o 5 de abril presentación dos traxes na oficina da Feira Medieval para a súa comprobación
  • Do 6 ó 15 de abril presentación no rexistro municipal da factura xustificativa do gasto

 Bases 2026