O Alcalde informa do dispositivo especial de tráfico con motivo da celebración do Desfile de Comparsas e do Enterro da Sardiña os días 17 e 18

Monforte de Lemos, 13 de febreiro de 2026. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informa do dispositivo especial de tráfico organizado con motivo do Desfile de comparsas e do Enterro da Sardiña, que se celebrarán nas xornadas do martes 17 e mércores 18 de febreiro, respectivamente, e nas que se prevé a participación de numeroso público. Especialmente o martes, día grande do Entroido en Monforte, coa celebración do desfile no que se repartirán 21.000€ en premios. O rexedor anima a “todos os monfortinos e monfortinas a participar e desfrutar destes días de Entroido, e tamén aos veciños e veciñas doutros Concellos, dado que no Desfile de Comparsas do Martes de Entroido destinamos unha partida de 3.150€ para comparsas e disfraces de fóra do noso municipio”.

 

Dispositivo Martes de Entroido

O primeiro operativo de tráfico terá lugar o martes 17, día grande do Entroido en Monforte, co multitudinario Desfile de Comparsas, no que estímase unha participación de máis de 1.000 persoas. O evento comezará ás 16.00h da tarde coa concentración das comparsas e carrozas nas rúas Leopoldo Calvo Sotelo, San Pedro, Praza da Estación, Coruña e Rosalía de Castro no tramo comprendido entre a Praza da Estación e rúa López Suárez.

As 17.00h é a hora oficial de inicio do desfile, que percorrerá as rúas de Calvo Sotelo, Roberto Baamonde, Praza Ponte Fontecha e Compañía, rematando en torno ás 19.30h na explanada fronte ao colexio dos Escolapios.

Con esta programación, o dispositivo de tráfico para o Desfile de Comparsas organizado pola Policía Local de Monforte estará operativo desde as 16.00h e as 20.30h, en horarios sempre aproximados en función do desenvolvemento do percorrido:

 

 

De 16.00 a 18.30 horas:

Rúa Rosalía de Castro (desde a Praza da Estación ata o enlace con Dr. López Suárez)

Rúa Coruña

Rúa Curros Enríquez (desde o enlace coa R/Ribeira ata a unión con Calvo Sotelo)

Rúa Leopoldo Calvo Sotelo desde a Praza da Estación ata o enlace coa Rúa San Pedro.

Concepción Arenal, excepto acceso de residentes e servizo da Estación ADIF

 

De 16.45 a 18.30 horas:

Rúa San Pedro

Rúa Zapardiel (desde o enlace con Juan Ramón Jiménez ata a unión con Rúa Calvo

Sotelo)

Lagares

Rúa Leopoldo Calvo Sotelo desde o enlace coa Rúa San Pedro ata o cruce de A

Florida

 

De 17.00 a 19.30 horas:

Rúa Roberto Baamonde e todas as que conflúen na mesma (Real, Central, Lagares, Cerca, Corna, Inés de Castro e Avenida de Galicia)

 

De 17.45 a 19.30 horas:

Avenida de Galicia desde o cruce da Rúa Ourense ata a Rúa Sarria

Rúa Cardenal

Praza Ponte Fontecha

Rúa do Conde (desde Avenida de Galicia ata a Praza de Ponte Fontecha)

 

De 17.45 a 20.30 horas:

Acceso e saída do estacionamento do Parque dos Condes

Rúa Compañía

Rúa Francisco Moure (ata o enlace coa Rúa Sarria)

 

A entrada á estación de Renfe realizarase pola Rúa Concepción Arenal e, no caso do tráfico pola rúa Hortas, haberá que ter en conta que entre as 17.45 e as 19.30 horas, aproximadamente, soamente se poderá circular en dirección á rúa Chantada.

No que se refire a rúa Dalmiro de la Válgoma, estará aberta ao tráfico en dobre sentido, desde as 14.30 horas ata a finalización do evento na zona da Compañía.

 

Dispositivo Enterro da Sardiña

O tradicional Enterro da Sardiña, o mércores 18, pechará a programación do Entroido 2026 en Monforte. A comitiva arrancará ás 20.00 horas na Praza de España e percorrerá a rúa Cardenal no tramo peonil, a Avenida de Galicia desde o cruce do Cardenal peonil ata o cruce da Rúa Ourense, onde continuará cara o Campo de San Antonio e Praza do Concello. Neste punto farase a tradicional lectura de coplas e, posteriormente, continuará o percorrido pasando novamente polo Campo de San Antonio, Rúa Méndez Casal e Ponte Medieval, desde o que lanzarase a sardiña ao río. Este acto porá fin ao Enterro.

O dispositivo especial de tráfico para este evento require o peche de varias rúas, que se fará de forma progresiva entre as 20.00 e as 21.30 horas, aproximadamente, segundo avance a comitiva. Nun primeiro momento, de 20.00 a 20.15h, o tráfico estará pechado na saída da Ponte Medieval á Praza de Dr. Goyanes, saída do Paseo do Malecón a Rúa Hortas e Rúa Hortas.

Entre as 20.30 e as 20.45h estarán afectadas a Avenida de Galicia, entre os cruces do Cardenal peonil e a Rúa Ourense, a saída da Rúa Hortas cara a Avenida de Galicia, a Rúa Ourense desde o cruce coa Rúa Chantada ata o Campo de San Antonio e Campo de San Antonio.

A partir das 21.00 horas, aproximadamente, ata a finalización do evento, non se poderá circular polas Rúas Méndez Casal, Santa Clara desde o enlace da Corredoira ata a Ponte Medieval, e a Ponte Medieval.