O Alcalde celebra o “rotundo éxito de animación e creatividade” dun Martes de Entroido con rúas ateigadas e máis de 1.300 participantes no desfile de comparsas e disfraces

Monforte de Lemos, 17 de febreiro de 2026. “Un éxito rotundo de participación, animación e creatividade”. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, amosa a súa satisfacción pola celebración dun Martes de Entroido “espectacular”, con máis de 1.300 participantes no Desfile de Comparsas e Disfraces e rúas ateigadas de monfortinos e visitantes que puideron desfrutar dun evento cargado de orixinalidade e humor e no que, ademais, acompañou a meteoroloxía.

Neste senso, o rexedor monfortino destaca “o impulso económico que supón esta celebración capaz de reunir na cidade a un número importantísimo de persoas tanto de aquí como de fóra, que visitan Monforte para desfrutar dunha posta en escena divertida e colorista, e na que non pode faltar a crítica e o bo humor”. Así mesmo, o Alcalde, en nome de todo o Equipo de Goberno, felicita aos premiados e agradece a todos os participantes “a ilusión e as horas de traballo dedicadas á elaboración das estupendas propostas que desfilaron nesta edición”. Do mesmo xeito, anima aos veciños e veciñas a seguir participando nas actividades organizadas polo Concello que se desenvolven na cidade.

Para o concurso do Martes de Entroido, o Concello estableceu dúas modalidades, unha delas para as comparsas e disfraces de Monforte de Lemos e outra para propostas de fóra do municipio. A partida destinada aos premios neste certame ascende a un máximo de 21.000€, dos que 17.850€ corresponden ás comparsas e disfraces de Monforte, e 3.150€ aos de fóra de Monforte. 

Nas diversas categorías de comparsas de máis de 4 compoñentes participaron 21 colectivos de Monforte e 13 de fóra de municipio, con representación das catro provincias: Sarria, Bolmente, Sober, Oural, Cereixa, Bóveda, A Pobra do Brollón, Paradela e Chantada (Lugo), Vilamarín (Ourense), Ferrol (A Coruña) e Vigo (Pontevedra).

Na modalidade individual (de 1 a 3 compoñentes), inscribíronse 4 propostas na categoría de adultos e 4 na de infantil. En total, 1.296 persoas inscritas, aínda que a participación no desfile é maior, apunta o Alcalde, “xa que súmase moita xente que non concursa pero que quere desfrutar igualmente do percorrido e da animación do desfile”.

O Desfile comezou ás 17.00 horas na praza da Estación e percorreu as rúas Calvo Sotelo, Roberto Baamonde, Praza Ponte Fontecha e rúa Compañía, para finalizar na explanada fronte o Colexio de Nosa Señora da Antiga, onde a concelleira de Cultura, Marina Doutón, disfrazada de pirata, deu a coñecer os ganadores e gañadoras do concurso. A xornada concluíu coa actuación da Orquestra Súper Top.

LISTADO DE PREMIOS:

COMPARSAS DE FÓRA  de 1 a 3 compoñentes

3º.-         Gino demonio del K-Pop  VIGO  –Mª TERESA RAJO GONZÁLEZ  150€

 

2º.-         Las Drag-Crocheteras      CHANTADA -SONIA TALLÓN GARCÍA 200€

 

1º.-         David el Gnomo y su mujer      FERROL -Mª CARMEN TOYOS FONTENLA  250€

----------------------------------------------------------------------------

COMPARSAS DE FÓRA  de 4 a 24 compoñentes

3º.-         Rio   PARADELA  -SANDRA ARIAS LÓPEZ 300€

 

2º.-         Menuda parida         COMPARSA DE CEREIXA  400€

 

1º.-         O lago dos cisnes      LAMAIGREXA –POBRA DO BROLLÓN 500€

----------------------------------------------------------------------------

COMPARSAS DE FÓRA  máis de 25 compoñentes

3º.-         A malla de Bolmente ASOCIACION PARA O EMPREDENEMENTO SOSTENIBLE NA RIBEIRA SACRA  300€

 

2º.-         Soberiux da Reserva Sacra ANPA VIRXE DO CARME DE SOBER 450€

 

1º.-         Nasunción ANPA COLEXIO ASUNCIÓN DE SARRIA   600€

----------------------------------------------------------------------------

PREMIO Ó MELLOR HUMOR

  •   Ribeira Sacra Fest II   BEATRIZ RIOS BARREIRO  300€

----------------------------------------------------------------------------

PREMIO Á POSTA EN ESCEA

-    Esmorga Rock  CLUBE QUICELA XIMNASIA RÍTMICA  300€

----------------------------------------------------------------------------

PREMIO CRÍTICA DE ACTUALIDADE

-   Vaya Banda!  HECTOR MANUEL DÍAZ LÓPEZ   300€

----------------------------------------------------------------------------

PREMIO Ó MELLOR MÚSICA EN VIVO

  • Tukupa  ASOC. BATTUERE GRUPO TUKUPA  300€

----------------------------------------------------------------------------

PREMIO Ó MELLOR COMPARSA TRADICIONAL

  • Furafollas   Mª JOSÉ GARCÍA DÍAZ  300€

----------------------------------------------------------------------------

PREMIO ÁS CARROZAS

Accésit.-    O bosque máxico   CAMPO SAN ANTONIO  100€

Accésit.-   Voemos  CORREDOIRA   100€

Accésit.-   A fraga encantada  ESCOLA INFANTIL PARRULIÑOS   100€

3º.-         A música saiu da lámpada  A.CUL. OS XOGRARES DE LEMOS  450€

2º.-         Érase unha vez Pinocho   ANPA A GÁNDARA 600€

1º.-         A vida na lareira do barraquillo   BARRAQUILLO  800€

----------------------------------------------------------------------------

INDIVIDUAL INFANTIL

Accésit.-  RUMI la guerrera del K-Pop   ABRIL BLANCO RAJO   75€

3º.-         A brigada do bastón SILVIA PÉREZ PORTO  100€

2º.-         Paseo en globo por la Ribeira Sacra  IÁN GONZÁLEZ ÁVAREZ  150€

1º.-         La niña que quería llegar a la luna   CARLA GONZÁLEZ ÁVAREZ  200€

----------------------------------------------------------------------------

  COMPARSAS INFANTÍS

1º.-         Ribeira Sacra Fest II    JOSÉ VÁZQUEZ VÁZQUEZ  500€

----------------------------------------------------------------------------

INDIVIDUAL ADULTO

Accésit.-   As conexas  ROSARIO OSORIO ARIAS  100€

Accésit.-   As picaronas en forma  ANA Mª RODRÍGUEZ BLANCO  100€

2º.-         Resistencia ártica     OFELIA ESPIÑO LEDO  200€

1º.-         Hippies de Baleares   REBECA GALVÁN SEGURA   300€

    ----------------------------------------------------------------------------

COMPARSAS ENTRE 4 e 24 COMPOÑENTES

Accésit.-                El legado rebelde de Pippi        Mª INÉS RGUEZ. GARZA  200€

Accésit.-                Entre plumas y Cancan    DANIEL LÓPEZ QUIROGA  200€

Accésit.-                Mi gran boda India  SABELA MOREIRAS CUESTA  200€

3º.-         A familia do Señor José   MARINA DÍAZ MARTÍNEZ  300€

3º.-         Olimpiñeiradas  PIÑEIRA –BORJA VÁZQUEZ FUENTES  300€

2º.-         A vida na lareira do barraquillo  BARRAQUILLO 400€

1º.-         Furafollas  Mª JOSÉ GARCÍA DÍAZ 500€

----------------------------------------------------------------------------

COMPARSAS ENTRE 25 e 50 COMPOÑENTES

3º.-         Ribeira Sacra Fest II  BEATRIZ RIOS BARREIRO  350€

.-        O bosque máxico   CAMPO SAN ANTONIO  500€

1º.-         Voemos  CORREDOIRA  700€

----------------------------------------------------------------------------

COMPARSAS ENTRE 51 e 90 COMPOÑENTES        

3º.-         Esmorga Rock  CLUBE QUICELA XIMNASIA RÍTMICA   400€

3º.-         A música saiu da lámpada   A.CUL. OS XOGRARES DE LEMOS  400€

2º.-         Érase unha vez Pinocho   ANPA A GÁNDARA  550€

1º.-         El reino de las chuches     CELIA LÓPEZ RODRÍGUEZ   800€

----------------------------------------------------------------------------

COMPARSAS DE MÁIS DE 90 COMPOÑENTES

3º.-         Carude prefiere ser un indio que un importante abogado COMPARSA BARRIO CARUDE  800€

3º.-         A fraga encantada    ESCOLA INFANTIL PARRULIÑOS   800€

2º.-         Ratón Pérez & Cía    COLEXIO FERROVIARIO  1.000€

1º.-         As bolboretas ANPA A LAGOA CEIP MONFORTE–COLEXIO NOVO 1.500€