Monforte de Lemos, 21 de marzo de 2026. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, xunto co Concelleiro de Servizos, José Luis Losada, e a Concelleira de Muller, Igualdade e Comercio, Regina López, asistiu esta tarde ao Desfile de Traxes Medievais e Complementos que tivo lugar na tarde desde sábado dentro do programa de actividades do Mercado para a Medieval que acolle a Praza de Abastos esta fin de semana.
O Desfile, no que participaron unha vintena de modelos adultos e infantís tivo lugar no exterior da Praza de Abastos, e contou cunha gran afluencia de público. Nel puideron verse diferentes deseños de traxes medievais e de complementos, así como de peiteados, de cara a decidir a caracterización para a XXII Feira Medieval, que terá lugar en Monforte os próximos días 4 e 5 de abril.
O Mercado para a Medieval é a antesala da Feira Medieval, polo que a súa temática xira arredor da preparación do evento. Está aberto toda a fin de semana e conta coa presencia de 12 postos de venda con produtos especializados no medievo: traxes confeccionados artesanalmente tanto para adultos como para público infantil, bixutería, complementos, servizos de perruquería e maquillaxe, gastronomía, repostería e decoración. Está pensado para que os monfortinos e monfortinas, así como ás persoas visitantes, poidan adquirir os produtos necesarios para ambientar e lucir as mellores galas nesta nova edición da Feira Medieval.
Inclúe un concurso de repostería e pastelaría “A polo mellor doce”, no que os visitantes poden votar polo seu doce favorito en tres categorías: tradicional, innovador e creativo. A entrega de premios será mañá domingo 22, ás 13.00 horas, no propio recinto do Mercado. Tralo acto farase un sorteo entre as persoas que participaron na votación.

Expositores Mercado para a Medieval 2026:
Eventos: Cosa de Dos Eventos
Traxes medievais: Telas Merce, Gnomos, Maite Maya e Coser Cosiendo
Peiteados e maquillaxes: Yola
Tocados e coroas de flores: Lara Vázquez by Yola Peluquería y Estética
Bisutería Swarovski: Bisutetoka
Calzados e complementos: Calzados Aira
Bolsos e complementos: Chuladas y Más
Artesanía en coiro: Cuir and Telas
Cosmética natural: Lembranzasdapel
Os horarios do Mercado para a Medieval son os seguintes:
- Sábado 21 de marzo: de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 21.00 horas.
- Domingo 22 de marzo: de 11.00 a 14.00 horas y de 17.00 a 20.00 horas.