O Edificio Multiusos acolle mañá o espectáculo “A Penúltima”, do actor galego Carlos Blanco

Monforte de Lemos, 25 de marzo de 2026. O Edificio Multiusos de Monforte acolle mañá xoves, ás 20.15 horas, unha nova función dentro do programa cultural organizado polo Concello de Monforte a través da Rede Galega de Teatro e Auditorios. A cita nesta ocasión é co actor galego Carlos Blanco, que presenta o seu espectáculo “A Penúltima”.

A proposta é un monólogo escrito, dirixido e interpretado polo propio Carlos Blanco, un artista con ampla traxectoria no teatro e na dirección. A escenografía de son e iluminación corresponde a Dani Juncal.

“A Penúltima” é un espectáculo de imaxes, historias novas e vellas pero sempre coas risas aseguradas. 70 minutos breves, divertidos, sanadores e imprescindibles. Para non perdelo.

 

Taquilla aberta no Multiusos a partir das 19.00 horas

O prezo da entrada xeral para esta obra é de 5 euros, 3 para desempregados, xubilados e estudantes. A taquilla estará aberta desde as 19.00 horas.

 

Próximas citas co teatro no Edificio Multiusos

  • 23 de abril, 20.15 horas: “Amalia y el río, historia de una estraperlista”, de Teatro Guirigai.
  • 26 de abril, 18.00 horas:  “Berenguela na gaiola”, do grupo Galeatro Producións Escénicas. Dirixida ao público infantil.