O Alcalde entrega o trofeo ás gañadoras do Campionato Galego de Voleibol Xuvenil Femenino que se disputou en Monforte

Monforte de Lemos, 28 de marzo de 2026. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, xunto co Concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, entregou esta tarde o trofeo ás xogadoras do Arenal Emeve Lugo que se proclamaron vencedoras na final do Campionato Galego de Voleibol Xuvenil Feminino que se disputou este sábado no Pavillón Polideportivo da Pinguela.

A final enfrontou ás 18.30 horas ao Arenal Emeve Lugo co CV Cidade de A Coruña, logo de gañar as semifinais pola mañá contra o Korbis Lambetadas e o CV Oleiros, respectivamente. As lucenses, que xa foron campioas da Liga, fixéronse co partido no cuarto set. O equipo representará a Galicia no Campeonato de España de Clubs na súa categoría,

 

 

 

 

Clasificación

1º. Arenal Emeve Lugo.

2º. CV Cidade da Coruña.

3º. CV Oleiros

4º. Korbis Lambetadas

 

A competición continua mañá domingo coa Final Xuvenil Masculina que enfrontará ao Korbis Lambetadas, Arenal Emeve Lugo, CV Oleiros e CV Vigo. Ao igual que este sábado, o formato é de catro partidos coa seguinte disposición e horarios:

10.00 h: Primeira Semifinal.

12.00 h: Segunda Semifinal.

16.30 h: Partido polo 3º e 4º posto.

18.30 h: Gran Final.