
Monforte de Lemos, 26 de marzo de 2026. O Alcalde de Monforte, José Tomé, acompañou este mércores a un grupo de alumnos de 5º curso de Educación Primaria do CEIP Monforte, Colexio Novo, nunha visita didáctica á Casa do Concello.
Os escolares tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións municipais e o Salón de Plenos, onde os recibiu o rexedor para explicarlles o funcionamento e composición do Concello como administración máis próxima aos cidadáns. O Alcalde explicou o traballo que desenvolve o persoal funcionario e as funcións dos distintos departamentos, e respondeu ás preguntas e dúbidas do alumnado.
Os escolares coñeceron de primeira man os proxectos nos que traballa o Equipo de Goberno e visitaron as instalacións da Alcaldía, incluído o despacho do rexedor. Seguidamente, realizaron unha visita guiada ás dependencias da Policía Local, onde os axentes amosáronlle as instalacións e os vehículos policiais.