Monforte de Lemos, 6 de abril de 2026. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informa da realización de obras de mantemento do edificio da Cárcere Vella, situado na rúa Santo Domingo, dentro do conxunto histórico de Monforte. A Xunta de Goberno aprobou na sesión deste luns, 6 de abril, adxudicar o contrato á empresa Nature Infraestructuras y Servicios S.L., por un importe de 17.745,28€ e un prazo de execución de 2 meses desde a sinatura da acta de replanteo.
O inmoble, que ocupa unha parcela aproximada de 285 m2, é de titularidade municipal e na actualidade utilízase como sede para diversas asociacións e actividades administrativas do Concello. A reforma prevista ten por obxecto eliminar filtracións de auga procedentes da cuberta e da carpintería exterior. Para elo, o contrato contempla a mellora do selado e imperbeabilización das dúas lucernarias da terraza, así como o selado, lixado e barnizado da carpintería exterior. Unha vez eliminadas as entradas de auga, procederase ao pintado do interior da edificación.
Con este traballos, apunta o Alcalde, “conseguiremos unhas instalacións reformadas, que proporcionen unha mellor calidade no servizo”.