
Monforte de Lemos, 21 de abril de 2026. O Concello de Monforte organiza unha nova edición do Concurso de Maios e Coplas, que se celebrará o vindeiro 7 de maio, a partir das 17.30 horas, na Praza de España.
A participación no certame está aberta a toda a veciñanza do municipio, xa sexa de maneira particular ou colectiva, e a inscrición deberá formalizarse a través do Rexistro Xeral do Concello. As bases do concuros aprobaranse o próximo luns, 27 de abril, pero o prazo para a presentación de solicitudes xa está aberto e finaliza o luns, 4 de maio, ás 14.00 horas.
O Alcalde, José Tomé Roca, anima aos veciños e veciñas de Monforte a “participar nesta celebración tradicional que festexa a entrada da primavera coa lectura de coplas e a composición de montaxes florais e vexetais nas que os monfortinos e monfortinas veñen demostrando a súa orixinalidade e gran creatividade”.
A celebración terá o seu espazo central na Praza de España, onde se concentrarán os maios tras percorrer as rúas da cidade libremente. O concurso, ao que se destina unha partida de 1.905€, dividirase en dous apartados: Maios, na que se repartirá unha contía total de 1.500€, e Coplas, cunha dotación de 405€.
Concurso de Maios
Establécense dúas modalidades, unha para Maios confeccionados por asociacións, colectivos e particulares, e outra dirixida especificamente a centros de ensino. O xurado valorará a imaxinación, a idea, a estética, a orixinalidade, a elaboración das pezas, os materiais utilizados, e a calidade.
En canto aos premios, para cada categoría haberá un primeiro, un segundo e un terceiro premio e un máximo de seis accésits coas seguintes contías económicas:
1º premio 200€
2º premio 150€
3º premio 100€
Accésits 75€
Concurso de Coplas
Neste caso, os membros do xurado valorarán a interpretación das coplas, a posta en escena, a imaxinación, a idea, a orixinalidade, os instrumentos musicais utilizados e o número de compoñentes.
No referente aos premios, establécese un primeiro, un segundo e un terceiro, ademais dun máximo de seis accésits para unha única categoría, coas seguintes contías económicas:
1º premio 100€
2º premio 75€
3º premio 50€
Accésits 30€
O Alcalde, José Tomé Roca, anima aos veciños e veciñas de Monforte a “participar nesta celebración tradicional que festexa a entrada da primavera coa lectura de coplas e a confección de montaxes florais e vexetais nas que os monfortinos e monfortinas veñen demostrando a súa orixinalidade e gran creatividade. Por iso queremos premiar o traballo e esforzo tanto na elaboración dos maios como na composición das coplas”.