A inscrición na Carreira Popular de Monforte bate récords pospandemia con 1.280 corredores, un 30% máis que na edición anterior

Monforte de Lemos, 23 de abril de 2026. O Alcalde de Monforte,  José Tomé Roca, anuncia un récord de inscrición na 16 edición da Carreira Popular de Monforte, que se celebrará este domingo, 26 de abril, desde as 11.00 horas. O prazo para anotarse rematou o pasado martes, 21 de abril, e o balance de inscritos é de 1.280, a cifra máis alta desde que no ano 2018 se rexistraran 1.291 corredores.

“Nesta nova edición temos a cifra de participación máis alta desde a pandemia e prodúcese un salto cuantitativo moi importante respecto dos datos de 2025, xa que temos un aumento do 30% no listado de inscritos, o que fala moi ben da nosa carreira popular, sen dúbida, unha cita de referencia no calendario das carreiras populares galegas”, apunta o rexedor.

Concretamente, o pasado ano rexistráronse 986 corredores, o que supón un incremento de 294 inscritos nesta edición.

Pechada a inscrición, son 1.280 os corredores anotados, que por categorías distribúense do seguinte xeito:

Mini (2022 e posteriores): 93

Prebenxamín (2019-2021): 250

Benxamín (2017-2018): 175

Alevín (2015-2016): 138

Cadete (2011-2012): 110

Absoluta (2010 e anteriores) 514

 

Diferentes percorridos e categorías

O evento, organizado polo Concello de Monforte a través da Concellería de Deportes, contará co seu tradicional percorrido de 10 km para a carreira absoluta, así como percorridos para as carreiras de categorías menores, en función da idade das persoas participantes.

A carreira absoluta, de 10.000 metros, discorrerá por un percorrido completamente urbano que transcorrerá polas rúas máis céntricas da cidade. Así mesmo, establécense catro probas dirixidas a menores, de 80, 700, 1.300 e 2.000 metros. Todas elas terán saída e meta na Explanada da Compañía, a carón dos Escolapios.

O percorrido da carreira absoluta será o seguinte: Saída da Praza da Compañía – Paseo de Lugo – Carude – San Lázaro – Reboredo – Dalmiro de La Válgoma – Escultor Francisco Moure – Rúa Sarria – Avenida de Galicia – Rúa Hortas – Rúa Dr. Casares – Paseo do Malecón – Ponte Vella – Rúa Antonio Méndez Casal – Praza Campo de San Antón – Rúa Ourense – Avenida de Galicia – Rúa Cardeal -  Escultor Francisco Moure – Praza da Compañía.

Trátase dun percorrido de 5 km no que os corredores e corredoras terán que dar dúas voltas.

Todas as carreiras, incluídas as de categorías menores, contarán cun sistema de cronometraxe con chip, a excepción da carreira de categoría mini, que non é competitiva.

 

Plano circuito proba absoluta

 

 

Plano circuito proba menores

 

Os HORARIOS de saída por categoría son os seguintes:

  • 11:00 MINI (2022 e posteriores)
  • 11:10 PREBENXAMIN (2019-2021)
  • 11:20 BENXAMIN (2017-2018)
  • 11:30 ALEVIN (2015-2016)
  • 11:40 INFANTIL (2013-2014) - CADETE (2011-2012)
  • 12:00 ABSOLUTA (2010 e anteriores)

 

Dispositivo de tráfico

A celebración da carreira requerirá o peche de varias rúas no centro urbano. As vías afectadas e os horarios son os seguintes:

 

 Entre as 10.15 e as 13.45 horas:

-R/ Compañía dende a Praza Ponte Fontecha

-Paseo de Lugo entre Dalmiro de la Válgoma e Duquesa de Alba

-Dalmiro de la Válgoma

-Escultor Francisco Moure ata o cruce con Celso Emilio Ferreiro

-Rúa Reboredo, tramo entre Paseo de Lugo e Paso a Nivel.

 

Entre as 11.45 e as 13.30 horas pecharanse, ademais das anteriores:

-Aparcamento do Parque dos Condes

-R/ Compañía

-R/ Paseo de Lugo

-R/ Aceña Nova

-R/ Carude

-R/ Paredes

-R/ San Lázaro

-R/ Duquesa de Alba

-R/ Dalmiro de la Válgoma

-Escultor Francisco Moure ata o cruce con Celso Emilio Ferreiro

-R/ Sarria

-Avenida de Galicia dende o cruce con R/ Sarria ata o cruce coa R/ Ourense

-Roberto Baamonde dende R/ Conde ata o cruce coa R/ Cardenal, con desvío da circulación

por R/ Otero Pedrayo

-R/ Conde, no tramo dende a Oficina de Correos ata Prazuela do Conde.

-R/ Cardenal Rodrígo de Castro

-R/ Hortas

-Praza Doutor Goyanes

-R/ Doutor Casares dende Praza Doutor Goyanes ata o cruce con Paseo do Malecón

-Paseo do Malecón

-Ponte Vella

-R/ Santa Clara dende enlace con R/ Corredoira ata R/ A. Mendez Casal

-R/ A. Méndez casal

-Praza Campo de San Antonio

-Tramo R/ Ourense entre Campo de San Antonio e Cruce con R/ Chantada

-Estacionamentos públicos da R/ Hortas e Campo de San Antonio (traseira de Gonzalo

Seguros).

 

Estímase como horario de finalización e  reapertura completa das vías e espazos afectados entre as 13.15 e las 13.30 horas.

 

Plano estacionamentos suprimidos

 

Premios

Os premios que se establecen para os/as mellores atletas de cada categoría son os seguintes:

  • Premios por categorías: trofeo conmemorativo do evento ós/ás tres primeiros/as clasificados/as de cada unha das categorías excepto na categoría mini na que todos/as os/as participantes que crucen a liña de meta recibirán unha medalla e unha bolsa de lambetadas.
  • Premios clasificación xeral: os/as tres primeiros/as clasificados/as da carreira absoluta recibirán trofeo.
  • Premios económicos: os/as tres primeiros/as clasificados/as da carreira absoluta recibirán premio económico segundo as seguintes cantidades:
    • 1º clasificado: 300 €
    • 1ª clasificada: 300 €
    • 2º clasificado: 200 €
    • 2ª clasificada: 200 €
    • 3º clasificado: 100 €
    • 3ª clasificada: 100 €

 

  • Premios especiais da carreira absoluta: haberá premio especial de trofeo e agasallo para os/as 3 primeiros/as clasificados/as locais (empadroados/as  en Monforte).
  • Premios por equipos: recibirán trofeo os tres mellores equipos clasificados na carreira absoluta. Estes equipos deberán ser obrigatoriamente mixtos (50% homes e 50% mulleres) e estarán compostos por un mínimo de 4 compoñentes (dous homes e dúas mulleres) e un máximo de 6 compoñentes (tres homes e tres mulleres).

Todos/as os/as participantes recibirán avituallamento sólido e líquido ao finalizar a carreira, así como un agasallo conmemorativo do evento.

 

Entrega de dorsais por adiantado

A entrega de dorsais individuais realizarase por adiantado nos seguintes puntos de recollida:

  • Oficina Municipal de Deportes (Casiñas da Compañía):
    • Venres 24 de abril: de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 h.
    • Sábado 25 de abril: de 9:00 a 14:00 h.

                                                                                                                                                                             

  • Puntos de recollida fora de Monforte: haberá puntos de recollida fora de Monforte e espallados polas catro provincias para facilitar a recollida do dorsal a todas as persoas participantes que non vivan en Monforte.
  • Envío do dorsal a domicilio: Será necesario indicar o punto de recollida do dorsal durante o procedemento de inscrición.