A Torre da Homenaxe ilumínase hoxe de morado para conmemorar o Día mundial da Fibromialxia e o Síndrome da Fatiga Crónica

Monforte de Lemos, 11 de maio de 2026.  O Concello de Monforte súmase aos actos conmemorativos do Día mundial da Fibromialxia e o Síndrome da Fatiga Crónica que se celebra todos os anos o 12 de maio para dar visibilidade a estas enfermidades. Como xesto simbólico e en sinal de apoio ás persoas afectadas, a Torre da Homenaxe iluminarase esta noite de morado, que é a cor que representa estas patoloxías.  

O Concello de Monforte dá resposta así á petición da Asociación Fibro Visibles que traballa para dar visibilidade a esta enfermidade que, segundo manifestan desde esta entidade, “está cargada de estigmas e descoñecemento no entorno social, familiar, laboral e mesmo sanitario”. Solicitan por elo a colaboración das administracións públicas para “deixar de ser invisibles”. Neste senso, o  Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, sinala que “dende o Concello sumámonos a esta iniciativa e queremos facela extensiva a toda a cidadanía iluminando a Torre da Homenaxe de morado”.

O obxectivo desta conmemoración é sensibilizar sobre a realidade das persoas que padecen estas doenzas, promovendo a investigación, o diagnóstico temperán e a mellora da atención sanitaria. A fibromialxia afecta a entre 3 e 4 persoas de cada 100, sendo a maioría mulleres, o cal reflicte unha fenda de xénero no diagnóstico.