O Concello informa de que o venres, 29 de maio, permanecerá pechada a oficina de atención ao cliente de Aqualia

Monforte de Lemos, 27 de maio de 2026. O Concello de Monforte informa de que este venres, día 29 de maio, a oficina de atención ao cliente de Aqualia (rúa Ourense, 15) permanecerá pechada por motivo da festividade da patroa do sector da Auga, Nosa Señora da Luz.

A concesionaria do Servizo de Abastecemento e Saneamento de Augas do Concello de Monforte de Lemos quere informar de que, para xestións, consultas ou avisos, o abonado seguirá tendo á súa disposición:

  • O teléfono de Atención ó Cliente: 900 813 357.
  • O teléfono de Avarías: 900 813 047 (as 24 h do día os 365 días do ano).
  • E o teléfono de entrega de lecturas: 900 813 048.
  • Ademais da oficina virtual, na páxina web: www.aqualia.es.