A Concelleira de Cultura entrega os premios do Certame de Narración e Debuxo Infantil sobre as Letras Galegas 2026

Monforte de Lemos, 10 de xuño de 2026.  A Concelleira de Cultura, Ensino e Xuventude  do Concello de Monforte, Marina Doutón, fixo entrega este mércores dos premios do Certame de Narración e Debuxo Infantil ‘Letras Galegas 2026’, dirixido a escolares ata os 16 anos. A iniciativa, organizada pola Biblioteca Pública Municipal Poeta Lois Pereiro e a Biblioteca Provincial de Lugo, enmárcase nas actividades conmemorativas do 17 de maio, Día das Letras Galegas, dedicado este ano á xornalista e escritora Begoña Caamaño (Vigo, 1964 – Santiago de Compostela, 2014).

O certame ten por obxectivo impulsar e por en valor o uso da lingua galega e a defensa da nosa cultura, como sinal de identidade,  complementando outras actividades que se desenrolan dende a área de Cultura do Concello.

Como en edicións anteriores, desenvolveuse en dúas modalidades. Unha de Narracións, en galego, na que os participantes presentaron textos cunha extensión máxima de 1 folio por unha soa cara, e outra de Debuxos, feitos sobre papel ou cartolina tamaño DIN A4. A temática para ambos casos foi o lema “Medrar lendo”.

Unha vez reunida a comisión valorativa do Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas 2026, este mércores procedeuse á entrega dos premios aos gañadores, nun acto que tivo lugar ás 13.00 horas na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro. Os premiados levaron un diploma e unha bolsa con libros e xogos de mesa.

A Concelleira Marina Doutón felicitou a todos os rapaces e rapazas pola calidade das obras presentadas, e animounos a que volvan a participar neste certame nas vindeiras edicións, resaltando a calidade dos traballos presentados una ano mais na defensa e posta en valor da nosa cultura.

 

 

 

 

PREMIOS CERTAME NARRACIÓN 2026

CATEGORÍA

Premio

Apelidos

Nome

Idade

Colexio

B

Vila Sánchez

José Antonio

11

CPR ESCOLAPIOS

Loureiro Fernández

Sara

10

CEIP MONFORTE

De 9 a 11 anos

Cuevas Guerrero

Reichert Eliersy

11

CEIP A GÁNDARA

C

Rodríguez Pérez

Manuel

12

CPR TORRE DE LEMOS

De Ornelas Ríos

Kendall

12

CPR ESCOLAPIOS

De 12 a 16 anos

Cortés Nieva

Nicole

13

CEIP A GÁNDARA

 

PREMIOS CERTAME DEBUXO 2026

CATEGORÍA

Premio

Apelidos

Nome

Idade

Colexio

A

López Prieto

Xoel

8

CEIP A GÁNDARA

Ata 8 anos

B

De 9 a 11 anos

Ortega Hernández

Reychell Stefanía

11

CEIP A GÁNDARA

Rodríguez Pérez

Sofía

9

CPR TORRE DE LEMOS

Aboufaris

Nour Ezzahra

9

CEIP A GÁNDARA

C

De 12 a 16 anos

Sánchez Soto

Sara Sofía

13

CEIP A GÁNDARA

Díaz González

Martina

12

CEIP A GÁNDARA

Agudelo Montoya

Ana Sofía

13

CEIP A GÁNDARA