O Concello de Monforte cancela o concerto de Beret, incluído no programa musical das Festas Patronais 2026

Monforte de Lemos, 12 de xuño de 2026.  Diante das noticias aparecidas nos medios de comunicación en relación ao cantante sevillano Beret, que figura no programa musical das Festas Patronais de Monforte 2026, concretamente o día 15 de agosto, e mentres non se aclare a situación legal do artista, o Concello de Monforte deu instrucións á empresa BlacPro Producción & Rental, que xestiona a organización musical das Festas a instancias do Concello, para que leve a cabo os trámites administrativos pertinentes co fin de suspender este concerto.

Así mesmo, indicóuselle tamén á empresa que proceda de inmediato a sondear a dispoñibilidade de outros artistas para que o Concello de Monforte poida tomar unha decisión sobre o concerto que substituirá ao cancelado, o día 15 de agosto. Da decisión adoptada informarase tan pronto sexa posible.