O Edificio Multiusos acolle este domingo o Festival Fin de Curso da Escola Municipal de Danza

Monforte de Lemos, 12 de xuño de 2026. A Escola de Municipal de Danza celebra este domingo o Festival Fin de Curso, que terá lugar no auditorio do Edificio Multiusos, ás 18.30 horas. O evento correrá a cargo das alumnas, que ofrecerán unha demostración do traballo realizado durante o curso nas especialidades de ballet clásico e danza contemporánea.

O recital está dirixido a todo o público en xeral e a entrada é gratuíta. Participarán tamén como invitados no Festival alumnos e alumnas da Escola de Danza Centro Coppelia de Ourense e interpretaránse distintas disciplinas e coreografías de ballet clásico, danza contemporánea, flamenco, oriental, bailes urbanos, Brodway e latinos.