O Alcalde entrega os trofeos do VII Torneo de Fútbol-8 CF Monforte que se celebra este fin de semana no campo Luis Bodegas

Monforte de Lemos, 14 de xuño de 2026. O Alcalde de Monforte, José Tomé, xunto con Concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, fixo entrega na tarde deste sábado das medallas e trofeos do VII Torneo de Fútbol-8 CF Monforte, que se disputa nas instalacións do campo de fútbol municipal Luis Bodegas. No acto estivo acompañado pola presidenta do Club, Vanesa Fernández.

A competición, organizada polo CF Monforte en colaboración co Concello de Monforte, reúne as diversas categorías. Na xornada do sábado xogaron os infantís, coa participación de equipos procedentes de diferentes localidades galegas: SD Sarriana, UD Ourense, SD Becerreá, CD Allariz, CDC Pereiro, CD A Rúa, EDC Verín e CF Monforte.

O CD Rúa da comarca ourensana de Valdeorras proclamouse campión tras disputarse a final contra o CF Monforte, que quedou segundo. O terceiro premio foi para o SD Becerreá. O Alcalde felicitou a todos os participantes e trasladou os parabéns aos gañadores.

 

Este domingo xogan as categorías prebenxamín, benxamín e alevín

O torneo continúa este domingo nas categorías prebenxamín, benxamín e alevín, que xogan os partidos simultáneamente en tres campos. En cada categoría participan 8 equipos.

Prebenxamín: CD Rúa, SD Sarriana, CF Outeiro de Rei, CD Allariz, AD Bosco, CD Monforte B, CD Velle e CF Monforte A.

Benxamín: CD Velle, SD Sarriana, CD Rúa, CF Outeiro de Rei, Pabellón CF e CF Monforte A, B e C.

Alevín: CD Rúa, CD Velle, SD Sarriana, EDO Blanco Amor, Pabellón CF, CD Allariz e o CF Monforte A e B.