O Alcalde entrega os premios que recoñecen ós mellores deportistas monfortinos do ano na Gala do Deporte

Monforte de Lemos, 26 de xuño de 2026. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, presidiu na tarde noite de hoxe unha nova edición da Gala do Deporte de Monforte de Lemos, que se celebrou na Casa da Cultura Lois Pereiro de Monforte e na que se rendeu homenaxe ós mellores deportistas monfortinos do ano.

Na súa intervención José Tomé destacou que “este bo momento que estamos vivindo no deporte monfortino, é posible porque temos unha boa canteira de homes e mulleres, con excelentes cualidades para a práctica deportiva, que están acadando éxitos asombrosos aos que lles temos que agradecer que poñan o nome da nosa cidade no mais alto das competicións deportivas”.

Aposta decidida do Executivo de José Tomé polo deporte monfortino

O rexedor municipal tamén salientou a aposta decidida que dende o Concello se leva facendo dende que Tomé Roca accedeu á alcaldía en 2015: “Dende o Concello somos conscientes da importancia que teñen os clubs para organizar o deporte monfortino, e por iso, colaboramos moi estreitamente con eles, para que os clubs e os deportistas realicen as actividades deportivas nas mellores condicións posibles.”.

Así, José Tomé salientou, que o Equipo de Goberno, nos orzamentos do presente ano 2026, “as axudas ós clubs superan os 132.500€. Mantéñense tamén as axudas para deportistas individuais con 10.000€, e a subvención para a participación en campionatos de España, europeos ou mundiais, posta en marcha polo Alcalde en 2022, alcanza os 12.000€. En total, superamos os 154.000 € este ano 2026”

Por outra banda, o Executivo de José Tomé puxo en marcha, actuacións de enorme relevancia en infraestruturas deportivas, como a reforma dos campos de fútbol de herba artificial, a reforma das pistas de tenis, e a instalación de novos toldos parasol na grada do campo municipal de fútbol de A Pinguela.

Pero sen dúbida as actuacións máis destacadas destes tres últimos tres anos son a reforma integral do pavillón polideportivo de A Pinguela e a reforma integral da nosa piscina municipal climatizada, sen esquecernos do acondicionamento do entorno do complexo deportivo da Pinguela, que supón o colofón das melloras realizadas nas instalacións deportivas”.

“Podemos afirmar que a día de hoxe temos unhas instalacións deportivas modernas, adecuadas para todo tipo de eventos deportivos, respectuosas co medio ambiente, cómodas e accesibles”. Esta transformación do Complexo deportivo de A Pinguela e o seu entorno, supuxo un esforzo moi importante para o Concello porque estamos a falar dunha inversión moi superior aos 6 millóns de euros. Tomé valorou positivamente a inversión xa que tanto deportistas como os Monfortinos en xeral, teñen na actualidade unhas instalacións óptimas para practicar deporte.

Finalmente, José Tomé rematou a súa intervención agradecendo a asistencia de todos os presentes, tanto ós deportistas como os seus familiares e amigos, e felicitou a todos os candidatos e candidatas así como ós premiados e premiadas, “porque todos eles teñen un palmarés deportivo excelente, e contribúen a poñer en valor o deporte monfortino”.

Na entrega de premios, ademais do Alcalde, tamén estiveron presentes e participaron diversos membros do Equipo de Goberno, a Tenente Alcalde, Gloria Prada, os concelleiros de Deportes, José Manuel Mougán, de Servizos, José Luis Losada, de Muller e Igualdade, Regina López, de Tecnoloxía e Innovación, Guillermo Díaz, así como diversos membros da Corporación municipal.

Este evento ten como obxectivo premiar e poñer en valor o esforzo e a dedicación de deportistas, Clubes, adestradores/as, técnicos/as e árbitros/as do Concello monfortino.

Premiados da 11ª Gala do Deporte de Monforte

En total, foron 40 o número total de candidaturas que se presentaron para participar nalgunha das categorías do concurso para elixir ás mellores persoas deportistas, adestradoras, árbitras e Clubs do ano 2025.

Cun salón de actos ateigado de deportistas e familiares, o acto, conducido por Manola Porto, plasmou a homenaxe e o recoñecemento a diversas persoas e entidades relacionadas co deporte local e que destacaron ó longo do pasado ano 2025.

Os gañadores e gañadoras da 11ª Gala do Deporte de Monforte foron os seguintes:

  • MELLOR DEPORTISTA FEMININA PROMESA: SARA PÉREZ PALLÍN
  • MELLOR DEPORTISTA MASCULINO PROMESA: XOEL FERNÁNDEZ MÉNDEZ
  • MELLOR ÁRBITRO/A: RODRIGO COTA PÉREZ
  • MELLOR EQUIPO DE BASE: EQUIPO INFANTIL C.P. CALASANCIO
  • MELLOR DEPORTISTA FEMININA ABSOLUTA: NOA DÍAZ QUINTIÁN
  • MELLOR EQUIPO ABSOLUTO: TRÍO ALEJANDRO LOSADA, CARLOS REY E MARCO GARCÍA
  • MELLOR ADESTRADOR/A: JOSÉ MARÍA VEGA SÁNCHEZ
  • MELLOR DEPORTISTA MASCULINO ABSOLUTO: ALEJANDRO LOSADA RODRÍGUEZ
  • DEPORTIVIDADE E XOGO LIMPO: CLUB NATACIÓN MONFORTE
  • MELLOR ENTIDADE DEPORTIVA NA PROMOCIÓN DO DEPORTE: CLUB QUIXÓS

Por outra banda, fora de concurso fixéronse recoñecementos a:

 -LUIS DÍAZ FERNÁNDEZ (NACHO)

-DEPARTAMENTOS DE EDUCACIÓN FÍSICA DOS CENTROS EDUCATIVOS DE PRIMARIA DO CONCELLO DE MONFORTE:

-Colexio PP. Escolapios

-Colexio Ferroviario

-Fundación Educativa Torre de Lemos

-CEIP Monforte

-CEIP A Gándara