O Alcalde asiste ó XXV Festival de Habaneras Concello de Monforte de Lemos, que encheu de público a Praza de España.

Monforte de Lemos, 28 de xuño de 2026. O Alcalde, José Tomé Roca, acompañado pola primeira Tenente de Alcalde, Gloria Prada, e os concelleiros e concelleiras de Cultura, Marina Doutón, Obras, Medio Rural e Servizos, José Luis Losada,  e o Concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, asistiu onte pola noite á 25ª edición do Festival de Habaneras de Monforte.

O Festival celebrouse na Praza de España, que se encheu de público para desfrutar da actuación das tres corais que participaron nesta nova edición do Festival de Habaneras que organiza o Concello de Monforte.

O cartel deste ano estivo conformado por dúas corais de contrastado prestixio, as que se une a Coral Polifónica do Concello de Monforte: a Agrupación Coral de Porceyo Gijón - Asturias e o Orfeón Valdeorrés.

Agrupación Coral de Porceyo Gijón - Asturias

A Agrupación Coral de Porceyo, é unha das formacións corais máis veteranas e prestixiosas de Asturias, que naceu en 1982 da man do director Ángel Eladio Argüelles Coto, e que dende 1998 está dirixida polo mestre Daniel Villar Rodríguez.

A coral está formada actualmente por 44 voces mixtas, que cantan con paixón e talento máis de 200 obras de repertorio, con obras de todo tipo, con especial atención á música asturiana e ao xénero habaneira. A coral cultivou o aplauso e o recoñecemento do público en cada actuación, que desfrutou da súa arte e a súa calidade.

A coral foi galardoada co Premio "Axuntabense 2022", concedido pola Federación de Coros de Asturias (FECORA), en recoñecemento á súa traxectoria e o seu labor de difusión da música coral.

A Agrupación Coral de Porceyo non só se adica a cantar, senón que tamén se involucra na organización de eventos musicais e culturais, como o Encontro Nacional Coral de Habaneras e Canción Mariñeira de Xixón, que este ano celebra a súa XIV edición, coa participación de corais de Xixón, outras localidades de Asturias, así como do resto do territorio nacional.

A Agrupación Coral de Porceyo é máis que unha coral, é unha familia, unha forma de vida, unha paixón pola música. E iso nótase en cada nota, en cada voz, en cada canción. A Agrupación Coral de Porceyo é unha coral con historia, con presente e con futuro. Unha coral que canta co corazón.

O seu director Daniel Villar Rodríguez é diplomado en maxisterio na especialidade de Educación Musical.

A súa andaina como director arrinca no ano 1996, dentro do proxecto “Aulas corais infantís” de Oviedo, nos coros do C.P “A Agra” e C.P. “Buenavista”. En Xixón, no ámbito coral infantil, dirixe os coros do C.P. “Asturias”, C.P. “Santa Olaya” e C.P. “Julián Gómez Elisburu”.

Na actualidade, e desde o ano 2017, dirixe tamén o coro infantil do Colexio Público “Poeta Juan Ochoa”, en Avilés, colexio onde desenvolve o seu labor docente como mestre de educación musical. Tamén dirixiu durante 3 anos o coro “Aires do Mar”, de Xixón.

Desde o ano 1998 dirixe a Agrupación Coral de Porceyo, formación coa que gravou varios CD's e percorreu gran parte da geografa nacional, alén de varias saídas ao estranxeiro

Orfeón Valdeorrés.

Fundado no ano 1979 por iniciativa da Comisión de Cultura do Concello do Barco de Valdeorras, o Orfeón Valdeorrés consolidou ao longo destes anos unha rica traxectoria musical.

Comezou a súa andaina baixo a dirección de D. Luis Olano Arias, a quen sucedeu Dna Luz María Rodríguez Bello e, desde setembro de 1998, a dirección arística está en mans de D. José Ramón Mansilla Álvarez, baixo cuxa guía o coro persegue unha sólida formación vocal e a máxima calidade nas súas interpretacións, abarcando un repertorio que vai desde a polifonía barroca ata a música contemporánea.

Máis que unha agrupación musical, o Orfeón Valdeorrés é un espazo de encontro, aprendizaxe e paixón polo canto, onde se busca fortalecer os lazos que a música crea entre as persoas.

Ao longo dos anos, o seu traballo foi apoiado co Premio "Barquense do ano" outorgado polo Casino do Barco en recoñecemento ao seu labor de difusión da música coral e polos premios conseguidos en prestixiosos certames nacionais, como o Certame da Canción Mariñeira de San Vicente de la Barquera, o Certame Galego de Corais "Vila de Arbo" ou o Certame Internacional de Torrevieja.

 

Alén de participar en encontros corais por toda a xeografía española, a voz do Orfeón Valdeorrés cruzou fronteiras, levando a súa música a algúns dos templos e escenarios máis emblemáticos de Austria, Francia, Bélxica, Italia e Portugal. A súa traxectoria internacional tamén o levou ata Praga, onde compartiu escenario con coros de todo o mundo, unindo voces e culturas a través da música e proxectando o nome de Valdeorras máis aló das nosas fronteiras.

Na actualidade, a agrupación está composta por 45 coralistas que contan cun legado que inclúe varios traballos discográficos, un libro conmemorativo e o fito de estrear obras compostas polo seu director, José Ramón Mansilla, como a "Misa breve Valdeorras".

Coral Polifónica do Concello de Monforte de Lemos

Fúndase en marzo de 1996 e está composta por 45 voces mixtas, o seu repertorio inclue música sacra, popular galega, habaneras, polifonía en castelán, panxoliñas…

Ten no seu haber numerosas actuacións a nivel provincial, autonómico, nacional e internacional. Na nosa comunidade a coral polifónica de Monforte actuou en Ribadeo, Cee, Marín, Ourense, Pontedeume, O Grove, Mondoñedo, Lugo, Vigo, Pontevedra, etc...Así como en distintas partes do Estado como en León, Zamora e en varias localidades Asturianas como Cudillero, Villaviciosa, Mieres, La Felguera, etc.. Destacan a nivel internacional actuacións en Martigni (Suiza), Rennes (Francia), Cerdeña, Bolzano e Padua (Italia), Gotha (Alemania), Helsibor (Suecia), Oporto e Guimaraes (Portugal). No ano 1999 gravou un CD de polifonía variada. A dirección da coral corre a cargo de Fernando Sanmartino Pérez. Na actualidade compaxina a dirección da Coral coa de director do Conservatorio Municipal “Mestre Ibáñez” de Monforte de Lemos.

Cada unha das corais interpretou cinco composicións de estilos variados, despois de gardar un minuto de silencio polas vítimas do terremoto de Venezuela, pechando o Festival coa interpretación conxunta de dúas composicións “VA PENSIERO” da ópera Nabucco Giuseppe Verdi e O VOSO GALO COMADRE (Popular galega), co que pecharon unha nova edición do Festival de Habaneras que organiza o Concello de Monforte e que resultou de novo un éxito de asistencia de público.

O Alcalde, acompañado pola concelleira de Cultura fixo entrega dunha réplica da Torre da Homenaxe ós directores das dúas corais que viñeron de fora para participar nesta 25ª edición do Festival de Habaneras.