
Monforte de Lemos, 5 de xullo de 2026. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo Concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, despediu hoxe aos 68 deportistas que conforman da representación monfortina nos XVI Xogos do Eixo Atlántico que se celebran en Santiago de Compostela entre o 5 e o 10 de xullo.
Este evento, que se organiza cunha periodicidade bianual, está dirixido fundamentalmente á promoción do deporte e á convivencia entre xóvenes dos Concellos e Cámaras Municipais que forman parte do Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular, entre eles o de Monforte de Lemos. Trátase dun evento transfronteirizo, único en Europa, que se ven realizando dende o ano 1995 e que contará nesta décimo sexta edición cunha participación de mais de 2.300 atletas.
O Alcalde despediu á delegación monfortina que partiu desde a Praza da Compañía e acudirá, xunto co Concelleiro de Deportes, esta tarde a Santiago para asistir á cerimonia de inauguración oficial dos Xogos. Antes da súa partida, o rexedor felicitou aos deportistas e ao corpo técnico pola súa participación nestes Xogos e animounos a desfrutar destas xornadas de deporte e convivencia. “Estou convencido de que o farán coa ilusión e coa ambición de acadar o mellor dos resultados”, indicou.
José Tomé manifestou o seu desexo de que “esta 16ª edición dos Xogos do Eixo sexa todo un éxito e que os centos de mozos e mozas de Galicia e o Norte de Portugal, e por suposto de Monforte, que compiten, o fagan dende os valores do deporte, do o esforzo e do compañeirismo”.
Representación monfortina
A representación monfortina participará en 4 modalidades deportivas, voleibol masculino e feminino, baloncesto masculino, e atletismo e natación masculino e feminino.
Son os clubs e entidades deportivas do Concello de Monforte os que nutren de deportistas cada un dos equipos; así o Club de Atletismo A Gándara e o Club Natación Monforte encárganse de facer a selección de atletas para as modalidades de atletismo e natación respectivamente, o Club Korbis e o Club de Voleibol Ribeira Sacra aportan deportistas para as seleccións de voleibol, e o C.B. Val de Lemos encárgase da selección de baloncesto.
En canto á organización da competición, esta terá lugar entre o domingo 5 e o venres 10 de xullo. As modalidades individuais de atletismo e natación celebraranse o luns 6 de xullo, e as modalidades de voleibol e baloncesto celebrarán a fase de grupos entre o luns 6 e o mércores 8, e os cruces e fases finais entre o xoves 9 e o venres 10. A cerimonia de apertura dos xogos terá lugar este domingo 5 a partir das 18:30 no Estadio Verónica Boquete de Santiago, coa presenza do Alcalde, José Tomé.
Na última reunión do Grupo Temático de Deportes celebrada o pasado 22 de xuño, tivo lugar o sorteo de grupos de cada unha das modalidades deportivas de equipos. Así na modalidade de voleibol masculino o Concello de Monforte queda encadrado no grupo B, xunto coas seleccións de Ourense, Maia e Barcelos.
Na modalidade de voleibol feminino o Concello de Monforte queda encadrado no grupo E xunto coas seleccións de Vila Nova de Gaia, Peso da Régoa e Matosinhos e na modalidade de baloncesto masculino o Concello de Monforte competirá no grupo B contra O Barco de Valdeorras, Maia, Fafe e Guimaraes.
Tanto a cerimonia de inauguración como as competicións están abertas ao público polo que calquera persoa que o desexe pode achegarse a Santiago a presenciar o evento. Toda a información da competición, incluídos os calendarios de competición, está dispoñible na páxina oficial dos Xogos do Eixo 2026: www.xogosdoeixoatlantico2026.com
A composición de cada un dos equipos é a seguinte:
• EQUIPO DE VOLEIBOL FEMININO:
Deportistas:
- Marta Castro Ojea
- Uxía Dacosta Losada
- Valeria Fernández González
- Alejandra García López
- Candela González González
- Africa Juiz Arias
- Alma Martínez Taboada
- Candela Pino Lamas
- Irene Placín de la Torre
- Alma Reboiro Díaz
- Thais Rodríguez Maseda
- Ángela Suárez Martínez
Staff técnico:
- María Aira González
- Yoraxi Melean Álvarez
• EQUIPO DE VOLEIBOL MASCULINO:
Deportistas:
- Tarek Álvarez Álvarez
- Daniel Fontela Martínez
- Luis Eduardo Kluiber Prudencio
- Antón López González
- Thiago Rafael Marcilla Tincopa
- Alexandre Mendez Soria
- Pablo Pérez López
- Lucas Rodríguez Fernández
- Hugo Sánchez Carballada
- Miguel Taboada Hidalgo
- Mateo Valladares Gallardo
- Uriel Vázquez Mosquera
Staff técnico:
- Rodrigo Cota Pérez
- José Ramón Gómez Rodríguez
• EQUIPO DE BALONCESTO MASCULINO:
Deportistas:
- Yassin Amarante El Hakimy
- Carlos Arias Ramos
- Nicolás García Guerra
- Saul Gavieiro Sobrado
- Lucas Gegunde Rodríguez
- Mateo López González
- Manuel Pérez Pérez
- Marco Rodríguez Escobar
- Xoel Sánchez Carballada
- Manuel Prieto López
Staff Técnico:
- Varónica Arias Vale
- Celia Pérez Taboada
• EQUIPO DE ATLETISMO:
Deportistas categoría masculina:
- Alejandro Álvarez Sánchez
- Alexandre Costa Vázquez
- Anxo Fernández Rodríguez
- Mauro Figueiras Hermilla
- Nicolás Méndez Goyanes
- Antón Nieves Rodríguez
Deportistas categoría feminina:
- Claudia Álvarez Velasco
- Amaia Guitián García
- Martina Martínez Lillo
- Sabela Sánchez Payo
- Elia Vázquez Ríos
Staff técnico:
- Ramiro Méndez Rodríguez
- Antía Nieves Rodríguez
• EQUIPO DE NATACIÓN:
Deportistas categoría masculina:
-Xian Fernández Vázquez
-Xosé Fernández Vázquez
-Teo Ledo Escudero
-Mario Rodriguez López
-Germán Regueiro López
-Manuel Rodríguez López
Deportistas categoría feminina:
- Xiana Arias Fernández
- Sara Cortés Touzón
- Martina Díaz Palacio
- Laura López Areán
- Emma Mendes Ruiz
- Sara Vázquez García
Staff técnico:
- David Argiz Martínez
- Raquel Escudero Fernández
O Técnico municipal de Deportes, Óscar Rodríguez, exercerá como Delegado Municipal e responsable da representación do Concello de Monforte durante a súa participación nos xogos.