O Alcalde entrega os trofeos do I Campeonato de Europa IPPA de Pitch&Putt individual que reuniu a máis de cen xogadores internacionais en Monforte

Monforte de Lemos, 5 de xullo de 2026. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, fixo entrega na mañá de este domingo dos trofeos do I Campeonato de Europa IPPA de Pitch&Putt individual, que se celebrou nas instalacións do Club Río Cabe de Monforte en Ribas Altas, e que reuniu a máis dun centenar de xogadores internacionais, ademais de técnicos, árbitros, delegacións oficiais e acompañantes.

Na entrega dos trofeos, o Alcalde estivo acompañado polo Presidente da Federación Galega de Golf, Mario Covelo López; o Presidente do Comité de Pitch&Putt de la RFEG, Jesús Barrera Correal; o Presidente do Comité de Pitch&Putt da Federación Portuguesa, Arnaldo Paredes, e o Presidente do Club de Golf Río Cabe de Monforte, José Ángel Pérez Reñones, entre outros representantes da agrupación deportiva local.

Monforte recibiu para este campionato europeo de golf a 106 xogadores nacionais e internacionais, procedentes de España, Portugal, Ucrania, Inglaterra e Austria, que viñeron acompañados por familiares e amigos. Neste senso, o Alcalde destacou que o campionato “xerou un importante impacto no noso sector hostaleiro e de restauración e converteuse nunha ocasión excepcional para dar a coñecer o valor turístico, patrimonial e gastronómico da nosa zona”. Ademais, o evento coincidiu coa celebración do Festival de Viño da Ribeira Sacra de Monforte, “un complemento excepcional para a promoción de Monforte nos países de procedencia dos xogadores participantes”, destaca o rexedor.

Este campionato europeo que celebrou a súa primeira edición en Monforte está impulsado pola International Pitch and Putt Association (IPPA), que é a organización internacional que goberna e promove esta modalidade de golf, o Pitch&Putt, como deporte competitivo. O Alcalde indicou que para o Concello de Monforte “é un honor que esta entidade, encargada de promover o crecemento do Pich & Putt en todo o mundo, escollera a nosa cidade para celebrar un campionato como este, de alto nivel competitivo e, polo tanto, de gran repercusión deportiva, xa que trouxo á nosa cidade a xogadores e xogadoras de todas as idades e niveis: desde amateurs ata atletas especializados”.

Pola súa banda, o presidente do Club de Golf Río Cabe, José Ángel Pérez Reñones, destacou a gran ambiente que se viviu durante estes días neste campionato de gran relevancia deportiva a nivel internacional e agradeceu o apoio do Concello de Monforte na súa organización, “unha colaboración fundamental para que se poida celebrar aquí”, indicou.

Así mesmo, os representantes das federacións galega, española e lusa destacaron a idoneidade da cidade de Monforte para acoller este tipo de eventos e destacaron o importante e imprescindible apoio do Concello de Monforte na organización de eventos desta categoría.

 

PREMIADOS:

GANADORES CATEGORÍA ABSOLUTA

  1. JOSÉ MARÍA ORTIZ DE PINEDO FERNÁNDEZ, -25
  2. HUGO ESPIRITO SANTO, PORTUGAL -17
  3. TOMÁS RIBEIRO, PORTUGAL -15
  4. ALEJANDRO FERNÁNDEZ BLANCO, ESPAÑA -13
  5. NOEL CALZADILLA MANGAN, ESPAÑA -10
  6. PABLO ORTIZ DE PINEDO ARMENDIA, ESPAÑA -9
  7. PEDRO MENDES, PORTUGAL -9

 

GANADORA CATEGORÍA FEMENINA

MARÍA EUGENIA MARTÍNEZ ORIOLA, ESPAÑA PAR

GANADOR CATEGORÍA JUNIOR

MATTEO BALZER, PORTUGAL -9

GANADOR CATEGORÍA SÉNIOR

JOSÉ ÁNGEL PÉREZ REÑONES, ESPAÑA -5

GANADOR HÁNDICAP

ÁNGEL CARNERO RODRÍGUEZ, ESPAÑA PAR

 

Un campo referente nas competicións de Pitch&Putt

Non é a primeira vez que Monforte acolle unha competición de alto nivel de Pitch & Putt. Nos últimos dous anos, o campo de golf de Ribas Altas foi escenario do Campionato de España de Federacións Autonómicas desta modalidade de golf celebrado en outubro de 2025, e do Campionato de España Masculino, en maio do 2024.

O  Club Río Cabe conta cunhas excelentes instalacións para albergar competicións desta índole, o chamado ‘golf rápido’. Concretamente, un campo de 18 hoyos Par 3, cunha distancia aproximada de 1.200 metros, que é o que caracteriza o Pitch & Putt: percorridos máis cortos que permiten xogar rondas máis rápidas e intensas que no golf de campo largo”.