O Alcalde anuncia a adxudicación das obras de mellora do pavimento en más de 4,5 km de estradas en Marcelle e San Xulián de Tor

Monforte de Lemos, 7 de xullo de 2026. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, ven de anunciar a adxudicación das obras de mellora da pavimentación en varias estradas locais das parroquias de Marcelle e San Xulián de Tor que suman algo máis de 4,5 km. A Xunta de Goberno Local deu luz verde á contratación destes traballos na sesión de este luns, 6 de xullo.

As actuacións corresponden, concretamente, ao vial que conecta os núcleos de Eirexe e Outeiro, en San Xulián de Tor, e os de Os Asenxos, O Seixo e Pacios-A Meda, en Marcelle. O importe total destas actuacións ascende a 91.956,37 euros e teñen un prazo de execución de 1 mes dende a sinatura da acta de replanteo.

Estes proxectos están incluídos no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o rexedor o pasado mes de maio e que comprende unha decena de actuacións en rúas do centro urbano e da zona rural, que suman un orzamento de 1.059.733,23€.

Este programa de obras, indica o rexedor, “vai permitir seguir mellorando tanto as parroquias como rúas e barrios da cidade, reforzando a seguridade viaria e as comunicacións e, en definitiva, mellorando a calidade de vida da veciñanza”.

O obxectivo é que todos os proxectos estean executados a finais deste ano 2026.

 

Os Asenxos e O Seixo

Este proxecto adxudicouse á empresa OPAGA 003 S.L. por un importe de 43.585,66€ e un prazo de execución de 1 mes. Os traballos consisten na rexeneración do firme de dúas estradas da parroquia de Marcelle cunha lonxitude total de 2.240 metros e que forman parte da rede viaria municipal do Concello de Monforte.

No caso de Os Asenxos, trátase dun vial de 1.680 metros de lonxitude, cun ancho medio de 3 metros, o que suma unha superficie total de 5.040 m2. Pola súa banda, a estrada de O Seixo, ten unha lonxitde de 560 metros e un ancho medio de 3 metros, do que resulta unha superfice de 1.680 m2.

As obras consistirán no barrido do firme por medios mecánicos e limpeza, bacheo de firme asfáltico e, posteriormente, aplicación de dobre rego asfáltico sobre o firme existente. A actuación completarase coa debida sinalización.

 

Pacios-A Meda e Eirexe-Outeiro

O proxecto para a mellora da pavimentación das estradas Pacios-A Meda, en Marcelle, e Eirexe-Outeiro, en San Xulián de Tor, foi adxudicado á empresa OPAGA 003 S.L., por un importe de 48.370,71 euros, cun prazo de execución de 1 mes desde a sinatura da acta de replanteo.

Os traballos consisten na rexeneración do firme de dúas estradas que suman unha lonxitude total de 2.300 metros e que forman parte da rede viaria municipal do Concello de Monforte.

No caso do vial Pacios-A Meda, en Marcelle, a lonxitude da vía sobre a que se actúa é de 1.425 metros, cun ancho medio de 3,50 metros e unha superficie total de 4.987,5 m2.

Na estrada de Eirexe-Outeiro, en San Xulián de Tor, a lonxitude é de 875 metros, cun ancho de 3,29 e unha superficie de 2.875 m2. Neste caso, tamén é necesario reconstruír un muro de pedra de 11 metros de largo e 2 de alto que presenta deficiencias.

En ambas vías, os traballos consistirán no barrido do firme por medios mecánicos e limpeza, bacheo de firme asfáltico e, posteriormente, aplicación de dobre rego asfáltico sobre o firme existente. A actuación completarase coa debida sinalización.

 

Os Asenxos

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Plan de investimentos en infraestruturas viarias

O plan de investimentos en infraestruturas viarias actualmente en marcha supón unha inversión de máis de 1M€ nun total de 10 proxectos de mellora de rúas e estradas na zona urbana e varias parroquias. O programa de actuacións inclúe rúas que son arterias principais da cidade como a Avenida de Galicia, rúa Chantada e Calvo Sotelo, así como outras vías no centro urbano como son as rúas Vigo e Pintor Luis Seoane e na zona de Montepando-Brouza Brey.

As actuacións na zona rural mellorarán rúas e pistas en Piñeira, Marcelle, Ribasaltas e San Xulián de Tor.