
Monforte de Lemos, 7 de agosto de 2026. O Concello de Monforte, como ven sendo tradición no mes de agosto, ven de abrir ao público, na Casa da Cultura, a exposición dos traballos presentados ó XXI Concurso de deseño de carteis das Festas Patronais 2026, dotado cun premio de 1.000 euros. A mostra foi inaugurada na mañá deste venres pola Concelleira de Cultura, Ensino e Xuventude, Marina Doutón e poderá visitarse ata o 24 de agosto.
A exposición está encabezada polo traballo gañador, obra de Jessica Denise Bazaes Latrille, veciña de O Saviñao, que presentou o seu deseño baixo o pseudónimo “Luz da Fada”. A súa proposta foi escollida entre un total de 40 traballos presentados, o dobre que en 2025, sendo esta edición a máis participativa, con notable diferenza, dos últimos anos.
A convocatoria tivo moi boa acollida entre os monfortinos e monfortinas, que presentaron un total de 30 deseños. Os 10 restantes chegaron de diferentes localidades de Galicia e do conxunto da xeografía nacional. Concretamente, de Cambados, A Coruña, Melide, O Saviñao e A Pobra do Brollón, en Galicia, e de Madrid, Paracuellos del Jarama (Madrid), Cartagena (Murcia), León (Castilla y León) e Arre (Navarra).
Esta exposición forma parte das actividades do Programa das Festas Patronais e do Verán Cultural de Monforte.