O Alcalde entrega os trofeos do Campionato de Pesca Infantil e Xuvenil Festas Patronais 2026

Monforte de Lemos, 9 de agosto de 2026. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo Concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, fixo entrega este domingo na Área Recreativa de Ribas Altas dos trofeos do Campionato de Pesca Infantil e Xuvenil Festas Patronais 2026, que organiza o Club de Pesca Río Cabe coa colaboración do Concello de Monforte.

O campionato tivo lugar na zona da Míllara durante a mañá deste domingo, coa participación de 11 rapaces que desfrutaron dunha produtiva xornada. Tal e como explicaron os organizadores do Campionato, o número de capturas foi moi alto, alcanzando os  114 peixes entre os 11 participantes do concurso.

No campionato establecéronse dúas categorías, unha Infantil e outra de concursantes Xuvenil, coa seguinte clasificación:

 

-Infantil:

1º Premio: Manuel Rodríguez Pérez.

2º Premio: Lucas Pavón San Martín.

3º Premio: Bogdan Popa.

4º: Manuel Rodríguez Espiño.

5º: Iván Castro Regal

6º: César Fernández Pérez.

7º: Xian Fernández Pérez.

 

-Xuvenil:

1º Premio:  Izar Dacosta López.

2º Premio: Mateo Fernández Pérez.

3º Premio: Iago De la Fuente Rodríguez-

4º: Diego Expósito Díaz.

 

O Club de Pesca agradeceu a colaboración do Concello de Monforte na organización deste torneo e, pola súa banda, o Alcalde, José Tomé, felicitou a todos os participantes e animounos a continuar con esta afección.