
Monforte de Lemos, 16 de agosto de 2026. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo Concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, fixo entrega na tarde de onte do trofeo ao equipo gañador do Torneo Festas Patronais de Monforte 2026.
O partido, disputado no estadio municipal de fútbol de A Pinguela, enfrontou este sábado, desde as 19:00 horas, ao Club Lemos co C.D. O Barco, cun resultado de 3-1.
O Alcalde entregou os trofeos ao campión e ao subcampeón consistentes nunha réplica da Torre da Homenaxe de Monforte, nunha xornada que se viviu con emoción ata os últimos minutos do encontro e con numeroso público, que quixo desfrutar da evolución do Lemos nesta fase de preparación, antes de comezar a liga.
O Torneo foi organizado polo Club Lemos coa colaboración do Concello monfortino.