Entrega de trofeos da segunda xornada do Torneo de Fútbol Festas Patronais de Monforte

Monforte de Lemos, 17 de agosto de 2026. O Concelleiro de Medio Rural, Obras e Servizos,  José Luis Losada, fixo entrega na tarde de onte dos trofeos da segunda xornada do Torneo Festas Patronais de Monforte 2026.

O partido, disputado no estadio municipal de fútbol Luis Bodegas, enfrontou este domingo, desde as 19:00 h, ao Club Lemos B co Ferreira CF, cun resultado de 3-0 favorable ao Lemos B.

O Concelleiro entregou os trofeos ao campión e ao subcampeón do torneo, consistentes nunha réplica da Torre da Homenaxe de Monforte.

O evento foi organizado polo Club Lemos coa colaboración do Concello monfortino dentro da programación das Festas Patronais.