
Monforte de Lemos, 17 de agosto de 2026. A Tenente de Alcalde, Gloria Prada, fixo entrega na tarde deste domingo 16 de agosto dos trofeos do Torneo de Golf Concello de Monforte, que se disputou no Club de Golf Río Cabe, coa participación de 44 xogadores.
O Club Deportivo Río Cabe Golf foi o encargado de organizar este evento, que cumpre xa 25 anos de historia, co patrocinio do Concello de Monforte. Na súa intervención, Gloria Prada felicitou a todos os participantes, e especialmente aos gañadores, e confirmou a aposta do Equipo de Goberno polo deporte.
A Tenente de Alcalde entregou os trofeos e agasallos aos gañadores do torneo, que se pechou coa seguinte clasificación:
1º SCRATCH: Eduardo Varela Puga – 36 ptos. (par)
2º SCRATCH: Fran Varela González – 36 ptos. (par)
1º HANDICAP: Alejandro Varela González – 37 ptos.
2º HANDICAP: Adrián Álvarez Rodríguez – 36 ptos.
3º HANDICAP: Isabel Piñeiro Barreiro – 36 ptos.
4º HANDICAP: Vicente Sanjurjo García – 35 ptos.
5º HANDICAP: J. Antonio Soengas Vázquez – 35 ptos.