A Praza de España acolleu os primeiros concertos do ciclo dedicado aos grupos monfortinos

Monforte de Lemos, 19 de agosto de 2026. A Praza de España de Monforte acolleu este martes, 18 de agosto, a primeira xornada de actuacións musicais dentro do V Ciclo de Concertos de Grupos Monfortinos, que organiza o Concello de Monforte dentro do Programa do Verán Cultural e que nesta edición ofrece 11 concertos en diferentes espazos da cidade.

O certame arrancou este martes coa participación dos grupos SEGUNDA PARTE, ás 22.30 horas, e ROCKIN’KB, ás 0.00 horas, e continuarán con cinco xornadas máis ata o xoves, 27 de agosto.

O obxectivo deste ciclo de concertos é dar visibilidade e proxección ás bandas de música local ofrecendo aos artistas monfortinos un espazo para dar a coñecer o seu traballo ante o público. “Queremos que os grupos monfortinos sexan os protagonistas e que a veciñanza teña a oportunidade de descubrir e desfrutar da música que se fai na nosa propia cidade”, indica o Alcalde, José Tomé. Deste xeito, a programación funciona como un punto de encontro entre os músicos locais e a veciñanza, ao tempo que contribúe a dinamizar a actividade cultural de Monforte.

Os concertos continúan hoxe coa actuación do grupo NECTARINE SOUL na Praza da Estación. Nesta xornada estaba prevista tamén a actuación de CERO2CERO, pero debido ao falecemento dun familiar cercano dun dos seus integrantes, este grupo non vai actuar. Por tal motivo, producirase un cambio no horario previsto para a actuación de NECTARINE SOUL, que comezará ás 23.00 horas e finalizará as 0.30 h.

 

MÉRCORES 19 DE AGOSTO

  • 23:00 H  PRAZA DA ESTACIÓN   NECTARINE SOUL

 

XOVES 20 DE AGOSTO

  •   22:30 H  PRAZA DA COMPAÑÍA   GALGA BLUES BAND
  •   00:00 H  PRAZA DA COMPAÑÍA   BELLA CHAOS

 

MARTES 25 DE AGOSTO

  • 23:00 H  PRAZA DA ESTACIÓN   MOVILLA Y LOS IRREPETIBLES

 

MÉRCORES 26 DE AGOSTO

  • 22:30 H  PRAZA DA COMPAÑÍA   DEUCE
  • 00:00 H  DA COMPAÑÍA   LOS JINETES DEL TRÓPICO 

 

XOVES 27 DE AGOSTO

  • 22:30 H  PRAZA DE ESPAÑA   7 ROJO
  • 00:00 H  PRAZA  DE ESPAÑA   EL MUNDO DE SOFÍA BAND