Nectarine Soul actuou na Praza da Estación dentro do ciclo de concertos dedicado aos grupos monfortinos

Monforte de Lemos, 20 de agosto de 2026. A Praza da Estación de Monforte acolleu este mércores, 20 de agosto, unha nova cita musical dentro do V Ciclo de Concertos de Grupos Monfortinos, que organiza o Concello de Monforte dentro do Programa do Verán Cultural, con seis xornadas de actuacións en directo en diferentes espazos da cidade ata finais de agosto.

O certame arrancou o martes 18 coa participación dos grupos SEGUNDA PARTE e ROCKIN’KB na Praza de España, e continuou na noite deste mércores co concerto de NECTARINE SOUL, na Praza da Estación. Este xoves, o ciclo desprázase ata a Praza da Compañía con dobre sesión a cargo dos grupos GALGA BLUES BAND e BELLA CHAOS.

Ambas citas contaron con moi boa afluencia e resposta do público, que desfrutou da música en directo en diferentes estilos e xéneros musicais. Neste sendo, o Alcalde, José Tomé, lembra que o obxectivo deste ciclo de concertos é, precisamente, dar visibilidade e proxección ás bandas de música local ofrecendo aos artistas monfortinos un espazo para dar a coñecer o seu traballo ante o público. “Queremos que os grupos monfortinos sexan os protagonistas e que a veciñanza teña a oportunidade de descubrir e desfrutar da música que se fai na nosa propia cidade”, indica. Deste xeito, a programación funciona como un punto de encontro entre os músicos locais e a veciñanza, ao tempo que contribúe a dinamizar a actividade cultural de Monforte.

Os concertos continúan hoxe coas actuacións dos grupos GALGA BLUES BAND e BELLA CHAOS na Praza da Compañía.

 

XOVES 20 DE AGOSTO

  •   22:30 H  PRAZA DA COMPAÑÍA   GALGA BLUES BAND
  •   00:00 H  PRAZA DA COMPAÑÍA   BELLA CHAOS

 

MARTES 25 DE AGOSTO

  • 23:00 H  PRAZA DA ESTACIÓN   MOVILLA Y LOS IRREPETIBLES

 

MÉRCORES 26 DE AGOSTO

  • 22:30 H  PRAZA DA COMPAÑÍA   DEUCE
  • 00:00 H  DA COMPAÑÍA   LOS JINETES DEL TRÓPICO 

 

XOVES 27 DE AGOSTO

  • 22:30 H  PRAZA DE ESPAÑA   7 ROJO
  • 00:00 H  PRAZA  DE ESPAÑA   EL MUNDO DE SOFÍA BAND