
Monforte de Lemos, 21 de agosto de 2026. A Praza da Compañía de Monforte acolleu este xoves, 21 de agosto, dous novos concertos do V Ciclo de Concertos de Grupos Monfortinos, unha iniciativa do Concello de Monforte que forma parte do Programa do Verán Cultural e que ten por obxectivo poñer en valor o talento local e levar a música en directo a diferentes espazos da cidade.
Tralas actuacións dos grupos SEGUNDA PARTE e ROCKIN’KB na Praza de España o martes 18, e a de NECTARINE SOUL, na Praza da Estación o mércores 19, este xoves, o ciclo desprazouse ata a Praza da Compañía coa participación dos grupos GALGA BLUES BAND e BELLA CHAOS.
O Alcalde José Tomé, que asistiu ás tres xornadas de concertos acompañado de outros membros do Equipo de Goberno, lembra que o obxectivo deste ciclo de concertos é, precisamente, dar visibilidade e proxección ás bandas de música local ofrecendo aos artistas monfortinos un espazo para dar a coñecer o seu traballo ante o público. “Queremos que os grupos monfortinos sexan os protagonistas e que a veciñanza teña a oportunidade de descubrir e desfrutar da música que se fai na nosa propia cidade”, indica. Deste xeito, a programación funciona como un punto de encontro entre os músicos locais e a veciñanza, ao tempo que contribúe a dinamizar a actividade cultural de Monforte.
Os concertos regresan a próxima semana con tres novas citas na Praza da Compañía, Praza da Estación e Praza de España:
MARTES 25 DE AGOSTO
- 23:00 H PRAZA DA ESTACIÓN MOVILLA Y LOS IRREPETIBLES
MÉRCORES 26 DE AGOSTO
- 22:30 H PRAZA DA COMPAÑÍA DEUCE
- 00:00 H DA COMPAÑÍA LOS JINETES DEL TRÓPICO
XOVES 27 DE AGOSTO
- 22:30 H PRAZA DE ESPAÑA 7 ROJO
- 00:00 H PRAZA DE ESPAÑA EL MUNDO DE SOFÍA BAND