
O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañados polo Concelleiro de Medio Rural, Obras e Servizos, José Luis Losada, e a Concelleira de Consumo, Muller e Igualdade, Regina López, asistiu na tarde noite deste xoves ao concerto que ofreceron Os Xograres de Lemos na Praza de España.
A actuación desta agrupación monfortina estivo composta por un repertorio de música tradicional no que as voces, a gaita, a percusión e o acordeón foron protagonistas. A Praza de España encheuse dun público que desfrutou dun amplo repertorio de cancións, unhas coñecidas que forman parte da nosa música tradicional e outras moitas compostas por eles mesmos conseguindo gran aceptación entre o público.
Os integrantes do grupo remarcaron a importancia que ten para eles a oportunidade que lles da o Concello de participar neste tipo de concertos xa que resulta unha oportunidade única para dar a coñecer o traballo que realizan durante todo o ano.