
Monforte de Lemos, 23 de agosto de 2026. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado da Tenente de Alcalde, Gloria Prada, e do Concelleiro de Obras, Medio Rural e Servizos, José Luis Losada, participou este domingo na Festa da Empanada de Monforte, que se celebra na área recreativa de Ribas Altas organizada pola Asociación de veciños de Ribas Altas coa colaboración do Concello de Monforte.
Numeroso público encheu este espazo nunha das festas con máis tradición das que se organizan no Concello, e que se desenvolveu dende o mediodía co xantar tradicional no que a empanada é a gran protagonista. Trala comida procedeuse ao sorteo de agasallos e á entrega dos premiados ás mellores empanadas.
Esta festa, que estivo amenizada con música tradicional, forma parte do Programa do Verán Cultural do Concello de Monforte.