
Monforte de Lemos, 27 de agosto de 2026. O Concello de Monforte súmase á conmemoración do Día mundial do Síndrome de Turner, o 28 de agosto, iluminando a Torre da Homenaxe de cor fucsia mañá venres, coincidindo con esta data.
O síndrome de Turner é un trastorno xenético que afecta ao desenvolvemento e a aparencia das mulleres. Tamén pode causar problemas de saúde como infertilidade e problemas do corazón. Ocorre debido a ausencia parcial ou completa dun dos cromosomas X. Pode causar síntomas diferentes, que poden ser leves para algunhas persoas, pero provocar serios problemas de saúde en outras.
Non existe unha cura para este síndrome, pero si tratamentos para algúns dos síntomas. Neste senso, os avances en tratamentos estéticos permiten corrixir manifestacións físicas.
Dende a Asociación Síndrome de Turner en España, insístese na importancia da súa detección precoz, para poñer todos os medios ao alcance das persoas afectadas, e mitigar ou evitar as súas consecuencias, así como dalo a coñecer ó público en xeral e ás propias afectadas, para ensinar pautas a seguir e así integrar con normalidade ás nenas afectadas.
As estatísticas indican que nace unha nena con síndrome de Turner por cada 2.500.