
Monforte de Lemos, 5 de setembro de 2026. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, participou hoxe na celebración de San Cayetano de Thiene, patrón dos xestores administrativos, organizada polo Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia, que reuniu no Parador de Monforte a máis de 200 persoas procedentes de distintos puntos de Galicia.
José Tomé participou na inauguración do encontro, na que se fixo entrega das distincións aos colexiados con 25 e 50 anos de actividade nunha profesión que, segundo definiu o Alcalde durante a súa intervención “require coñecemento, responsabilidade e, sobre todo, a confianza dos cidadáns”.
O Alcalde puxo en valor tamén o feito de que a celebración se desenvolvese no Parador de Monforte, “nun edificio tan ligado á historia da nosa cidade e ao legado dos Condes de Lemos”, e animou aos participantes a aproveitar a súa estancia para coñecer a cidade e a Ribeira Sacra, destacando o patrimonio, a paisaxe, a gastronomía e os viños como algúns dos principais atractivos do territorio.
A xornada incluíu tamén unha lembranza especial a Acacio Saco, figura histórica da profesión en Monforte e fundador en 1953 da Gestoría Saco.