Monforte de Lemos, 6 de outubro de 2026. O teatro será o gran protagonista do outono en Monforte de Lemos, cunha programación chea de propostas para todos os públicos. Así o anuncia o Alcalde da cidade, José Tomé Roca, que presenta unha completa programación deseñada desde a Concellería de Cultura a través da Rede Galega de Teatros e Auditorios de AGADIC na que está integrado o Concello, e dos Circuítos de Teatro Profesional e Afeccionado da Deputación de Lugo.
Grazas a esta programación, os monfortinos e as monfortinas, así como as persoas que visiten a cidade neste último trimestre, teñen a oportunidade de asistir a 12 espectáculos teatrais: oito a cargo de compañías profesionais e catro representados por grupos afeccionados.
Esta extensa programación comeza este xoves, 8 de outubro, coa representación de “Bio Construción”, da compañía Ibuprofeno Teatro, no Multiusos, e finaliza o sábado, 5 de decembro, coa actuación na Casa da Cultura do Grupo de Teatro Viraventos de Monforte, e a súa nova obra “Hotel Esperanza”.
O Alcalde, José Tomé Roca, anima ós monfortinos e monfortinas a “acudir ó Multiusos e á Casa da Cultura e participar destas actividades, dentro da aposta decidida que este Equipo de Goberno fai pola cultura, e neste caso, polo teatro galego”.
PROGRAMA COMPLETO
Xoves 8 de outubro, 20:15 h / Edificio Multiusos
“Bio Construción”, da compañía Ibuprofeno Teatro
Rede de Teatros e Auditorios / Concello de Monforte
Entrada 5€ / Estudantes, desempregados e xubilados 3 € – Público adulto
Xoves 15 de outubro, 20:15 h / Edificio Multiusos
Vero Rilo. “Lavandeiras”
Rede de Teatros e Auditorios / Concello de Monforte
Entrada 5€ / Estudantes, desempregados e xubilados 3 € – Público adulto +14 anos
Xoves 22 de outubro, 20:15 h / Edificio Multiusos
“Artur Ui, o ovo da serpe”, de Talía Teatro
Rede de Teatros e Auditorios / Concello de Monforte
Entrada 5€ / Estudantes, desempregados e xubilados 3 € – Público adulto
Xoves 29 de outubro, 20:15 h / Edificio Multiusos
“#Influencers”, de Negro López
Rede de Teatros e Auditorios / Concello de Monforte
Entrada 5€ / Estudantes, desempregados e xubilados 3 € – Público adulto +13 anos
Xoves 5 de novembro, 20:15 h / Edificio Multiusos
Mofa e Befa presentan “Os dous de sempre”
Rede de Teatros e Auditorios / Concello de Monforte
Entrada 5€ / Estudantes, desempregados e xubilados 3 € – Público adulto +13 anos
Venres 6 de novembro, 20:00 h / Casa da Cultura
“A Rateira”, do grupo Argalleiras Teatro
Asociación Cultural Teatreiras / Concello de Monforte
Entrada Gratuíta – Todos os públicos
Xoves 12 de novembro, 20:15 h / Edificio Multiusos
“A Metamorfoso”, de Sarabela Teatro
Rede de Teatros e Auditorios / Concello de Monforte
Entrada 5€ / Estudantes, desempregados e xubilados 3 € – Público adulto +12 anos
Sábado 14 de novembro, 20:00 h / Casa da Cultura
“Vermello”, de Rebuldeira Teatro-Sarria
Circuíto Teatro Afeccionado / Área Cultura Deputación Lugo / Concello de Monforte
Entrada gratuíta
Xoves 26 de novembro, 20:150 h / Edificio Multiusos
“A cámara escura”, de Vórtice Escénico
Rede de Teatros e Auditorios / Concello de Monforte
Entrada 5€ / Estudantes, desempregados e xubilados 3 € – Público adulto +12 anos
Sábado 28 de novembro, 20:00 h / Casa da Cultura
“A Revolución, 1789... ou por aí”, de Teatreiras Monforte
Circuíto Teatro Afeccionado / Área Cultura Deputación Lugo / Concello de Monforte
Entrada gratuíta – Todos os públicos
Xoves 3 de decembro, 20:15 h / Edificio Multiusos
“Vermello”, de Rebuldeira Teatro-Sarria
Circuíto Teatro Profesional / Área Cultura Deputación Lugo / Concello de Monforte
Entrada gratuíta – Público adulto +12 anos
Sábado 5 de decembro, 20:00 h / Casa da Cultura
“Hotel Esperanza”, Grupo de Teatro Viraventos, de Monforte
Circuíto Teatro Afeccionado / Área Cultura Deputación Lugo / Concello de Monforte
Entrada gratuíta – Todos os públicos