Monforte de Lemos, 10 de outubro de 2026. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informa do sorteo público de prazas do Programa Activa 2026-2027 que se celebrará o vindeiro mércores 14 de outubro, ás 9.00 horas, no salón de actos do Centro Cívico e Social, ubicado no Paseo do Malecón s/n.
Segundo o establecido no punto 7º das bases reguladoras do Programa Activa que coordina a área de Servizos Sociais, nos casos nos que exista máis demanda que prazas, a adxudicación realizarase por sorteo entre as solicitudes admitidas para cada actividade, diferenciando entre prazas ordinarias e prazas para persoas con discapacidade. Para elo, asignarase un número por solicitude. Na modalidade de participación conxunta, asignarase un único número. Nas actividades con vacantes non se realizará sorteo e asignaranse as prazas segundo a orde de entrada.
As actividades que irán a sorteo son as seguintes:
- Bailes de salón Iniciación
- Bailes latinos Perfeccionamento
- Cerámica 1
- Cerámica 2
- Competencias dixitais intermedio
- Conservando a memoria 1
- Conservando a memoria 2
- Costura básica
- Costura creativa 1
- Ioga 1
- Ioga 2
- Manualidades 1
- Taichi
- Ximnasia acuática 1
- Ximnasia acuática 2
- Ximnasia de mantemento 1
- Ximnasia de mantemento 2
- Ximnasia de mantemento 3
Actividades con vacantes, nas que non se realiza sorteo:
- Conservando a memoria 3
- Conservando a memoria 4
- Competencias dixitais Iniciación
- Competencias dixitais avanzado
- Costura creativa 2
- Manualidades 2
- Informática
- Cuidarte
- Bailes latinos iniciación
O día 15 de outubro publicaranse as listaxes de persoas con praza adxudicada e a listaxe de persoas en lista de agarda. As actividades comezarán o 19 de outubro e estenderanse ata o 11 de xuño de 2026.
Programa Activa
O Programa Activa diríxese especialmente ás persoas maiores de 55 anos co obxectivo de favorecer o envellecemento activo e mellorar a calidade de vida dos adultos maiores, promovendo o seu benestar psicosocial e o encontro interxeracional, evitando situacións de soidade non desexada e dinamizando as parroquias.
O Concello destina a este plan unha partida de 65.000 euros, despois de incrementar nesta edición o investimento en 5.000 euros e ofértanse 714 prazas ordinarias e 27 adicionais, que supoñen un incremento global da oferta nun total de 37 plazas mais que na anterior edición. Como en anos anteriores, todas as actividades son gratuítas para os veciños e veciñas de Monforte, e están subvencionadas ao 100% polo Concello de Monforte.
LISTADO PERSOAS ADMITIDAS PARA PARTICIPAR NA ADXUDICACION DE PRAZAS DO PROGRAMA ACTIVA 2026 27.pdf