Monforte de Lemos, 12 de outubro de 2026. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, participou este luns en Monforte na celebración da Festividade da Virxe do Pilar, patroa da Garda Civil. O rexedor acudiu a estes actos acompañado pola Tenente de Alcalde, Gloria Prada, e polos Concelleiros de Obras, Medio Rural e Servizos, José Luis Losada, e Deportes, José Manuel Mougán, e a Concelleira de Muller, Igualdade e Consumo, Regina López, ademais doutros membros da Corporación Municipal. Tamén asistiron o Inspector Xefe da Policía Local, Miguel Martínez, e o Xefe de Bombeiros e Protección Civil, Tomás Losada, entre outros.
O acto solemne tivo lugar na Igrexa da Estación e foi presidido pola Capitana da Garda Civil en Monforte, María José Moreno López, que trala celebración do oficio relixioso, tomou a palabra para agradecer a asistencia de autoridades e efectivos das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e, especialmente, a colaboración permanente do Concello de Monforte, e do seu Alcalde, coa Garda Civil.
O acto na Igrexa da Estación finalizou cunha ofrenda floral aos caídos. Posteriormente, a comitiva trasladouse ao Club Fluvial, onde tivo lugar a degustación dun aperitivo.