Monforte de Lemos, 13 de outubro de 2026. Unha vez finalizada a fase de presentación de alegacións ao proxecto de construción da Ponte de Ferro sobre o río Cabe no Malecón, ábrese o proceso de análise das mesmas por parte dos técnicos.
En total, entraron por Rexistro 569 alegacións. 562 referidas ao contido do proxecto, e 7 a temas de tramitación.
Clasificadas por tipoloxía, son as seguintes:
REFERIDAS AO PROXECTO:
- Modelo tipo presentado polo BNG: 286 alegacións.
- Modelo tipo presentado por Esperta Monforte: 10 alegacións.
- Modelo co mesmo texto que as presentadas por Esperta Monforte, sen o logo de Esperta: 5 alegacións.
- Modelo tipo presentado por Salvemos o Malecón: 232 alegacións.
- Modelo tipo presentado por un particular: 19 alegacións.
- Modelo tipo presentado por outro particular: 5 alegacións.
- Modelos individualizados diferenciados: 5 alegacións.
En resumo, 11 textos de alegación diferenciados.
REFERIDAS Á TRAMITACIÓN:
- Modelo tipo referido á ampliación do prazo de alegacións, sen referencias aos aspectos do proxecto: 7 alegacións.
Visitas realizadas ao Concello para a consulta presencial do proxecto: 6 persoas.