Aberto o prazo de inscrición para o curso 2026-2027 na Escola Municipal de Danza de Monforte

Monforte de Lemos, 14 de outubro de 2026. O Concello de Monforte informa á veciñanza que está aberto o prazo de inscrición na Escola Municipal de Danza para o curso 2026-2027.

O curso dará comezo o vindeiro venres, 16 de outubro de 2026, e as actividades impartiranse no Centro Cívico, no Paseo do Malecón s/n.

Para realizar a inscrición, as persoas interesadas deberán tramitar a solicitude a través da oficina de Rexistro do Concello ou na Sede Electrónica.

 

Especialidades que se ofertan:

  • Ballet clásico (a partir de 5 anos)
  • Danza Contemporánea (a partir de 10 anos)
  • Hip Hop (a partir de 10 anos)

 

As clases da Escola de Danza céntranse nunha didáctica máis académica baseadas nas técnicas do desenvolvemento da estabilidade, a rotación, a liña ou a expresión, entre outras, atendendo aos principios básicos imprescindibles para unha correcta aprendizaxe. Orientando, si é o caso, cara un ensino de carácter profesional cando as aptitudes e a vocación do alumno ou alumna así o aconsellen.