
Monforte de Lemos, 21 de outubro de 2026. O Alcalde de Monforte, José Tomé, acompañou este mércores a un grupo de alumnos e alumnas de 2º curso de Educación Primaria do Colexio dos Escolapios de Monforte, nunha visita didáctica á Casa do Concello.
Os escolares tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións municipais e o Salón de Plenos, onde os recibiu o rexedor para explicarlles o funcionamento e composición do Concello como administración máis próxima aos cidadáns. O Alcalde explicoulles o traballo que desenvolve o persoal funcionario e as funcións dos distintos departamentos, e respondeu ás numerosas preguntas que formulou o alumnado.
Seguidamente, os escolares realizaron unha visita guiada ás dependencias da Policía Local, onde os axentes amosáronlle as oficinas e os vehículos policiais.